Por Dereito colaboró con la Policía local de Cambados en la semana de Educación Vial junto a la DGT y Creappcuentos

Ha pasado ya un tiempo desde que colaboramos en esta actividad pero consideramos que es importante que dejemos constancia de todo lo que nuestra Asociación va logrando.
La Policía Local organizó una serie de actos y actividades en Cambados con motivo de la Semana de Educación Vial este año enfocada a la los ciclistas.
La primera de estas actividades fue una mesa redonda dirigida a alumnado del Instituto Asorey en la que participamos el director del Instituto como presentador y moderador, una representante del DGT de Pontevedra, un ciclista profesional, la Presidenta de Por Dereito, una mariscadora que usa la bicicleta como medio de transporte y un policía local. Cada uno explicó su visión de lo que significa el uso de este medio de transporte, sus riesgos y todo lo positivo que le aporta. La conclusión final es la precaución y el respeto a los demás. Nuestra presi explicó que algunas personas con autismo tienen dificultades para el uso de este medio, unas veces por motivos de coordinación o discapacidad física, los menos habituales y otras veces porque las personas con autismo son grandes cumplidores de la norma, lo que acarrea que cuando los demás la incumplimos a ellos les resulte difícil entenderlo. Remarcó sobre todo que los adultos y los niños con autismo al igual que los demás disfrutaban mucho del uso de la bicicleta y que haciendo las adaptaciones oportunas en unos casos y siendo los demás respetuosos con las normas es posible que ellos disfruten de lo que te aporta el uso de este vehículo.
Aquí podéis ver unas fotos del evento:


Unos días después se organizó un circuito educativo de bicicletas, triciclos y karts a pedales en la Plaza del Concello donde participaron niños y niñas del pueblo, con y sin diversidad y la policía y la representante del la DGT se encargaron de que todos pudiesen pedalear y aprender al mismo tiempo normas básicas de educación vial.
Paralelamente  en el Salón de Plenos del Concello se desarrolló una divertida actividad musical impartida por un policía retirado. Por Dereito contó con la colaboración de los creadores de CREAPPCUENTOS para organizar un taller de puzzles con su aplicación  teniendo como base la educación vial, la DGT también aportó varios materiales lúdicos para jugar y leer (láminas troqueladas, cuentos sobre educación vial con pictogramas, puzzles de madera...).
Actividade lúdicas, divertidas y educativas para TODOS. Una tarde francamente inolvidable para todos los que se acercaron a participar!!

Taller de creación de materiales adaptados. Por Esther Cuadrado

El próximo día 28 de febrero tendremos un nuevo taller en Por Dereito. Esta vez tenemos la suerte de poder contar con Esther Cuadrado, la madre de Arturo. Podéis conocer algunas de las cosas maravillosas que hace Esther en su blog:
La Sonrisa de Arturo


Quedan muy poquitas plazas disponibles, poneos en contacto con nosotros antes del 25 para inscribiros.

Obradoiro de cociña con Antonio Bono en Cambados

O pasado sábado 10 nenos e nenas de Por Dereito puideron disfrutar dun obradoiro moi especial na Sala Polivalente do Salón de Exposicións Peña de Cambados, da man de Antonio Bono, metre de Cambados que leva moitos anos impartindo este tipo de obradoiros en toda a Comarca Arousana. Antonio é tamén o creador da Asociación "Niños Sanos" presente na web:
 http://www.antoniobono.com/
Ademais contamos coa colabroación de dúas mozas moi especiais:
- Mar García: filla e axudante de primeira categoría de Antonio
- Iria San Juan: colaboradora de Por Deretio e creadora de Deliriando en la cocina
Queremos contarvos esta experiencia con moito detalle xa que é moi novedosa e estamos encantados do resultado.
 O espacio para facer o obradoiro foi nesta magnífica sala polivalente, está moi ben equipada, so precisa ter uns electrodomésticos propios para estar perfecta.
Os protagonistas deste obradoiro foron 10 nenos e nenas con e sen diversidade da Asociación Por Dereito, con idades comprendidas entre os 4 e os 11 anos. Os seus pais/nais botáronlle unha man cando foi necesario.





 POÑENDO A MESA
Comezamos por aprender a por a mesa empregando este simple apoio visual e un powerpoint que nos indicara paso a paso o que tiñamos que colocar.




 


Poner la mesa from cucacambados

CATA DE AROMAS
Antes de comezar coas receitas Antonio fixo que os nenos fixeran unha cata de distintos aromas.



 
GALLETAS DE MASA HOLANDESA

Comenzamos coa primeira receita: Elaboración dunha galletas feitas con masa holandesa. Os nenos so debían darlle forma a boliñas de esta masa que ten a particularidade de ser como plastilina, para que quedaran mais apetitosas puxéronlle unhas boliñas de chocolate.


Mirade que ben o pasaron dándolle forma ás galletas e decorándoas:



TORTITAS AMERICANAS 
 
Logo fixemos "tortitas" ao mais puro estilo americano

 
Menudo estilo que tiñan dándolle a volta a estas ricas tortas:



 BATIDO DE FROITAS
E por último Antonio fixo un rico batido de froitas que os grandes e pequenos beberon con moita gana.




Canto disfrutamos todos con esta magnífica actividade!:

Gracias Antonio Bono por esta magnífica tarde e gracias ao Concello de Cambados por deixarnos usar este estupendo espacio para facer o noso obradoiro!!! De certo que non será o último

Actividade na Biblioteca de O Grove. BIBLIOAZUL

O pasado venres 5 de abril estivemos na Biblioteca de O Grove. Fomos convidados para facer actividades de concienciación do autismo e contar contos con pictogramas.


Cando alí chegamos o primeiro que nos alegrou foi ver os pictogrmas do ARASAAC colocados en cada porta. Xa fai uns meses que este Concello solicitou que puxeramos en marcha o "Proxecto de lecer para todos no noso concello" da nosa asociación. A señaletica forma parte de el.

Ao entrar na sala onde iamos proxectar o conto e o corto atopamos unha nova sorpresa...Globos azuis no escenario a ambos lados da pantalla de proxección

Pouco a pouco foron entrando os nenos e nenas cos seus pais e nais. Ás actividades asistiron mais de 80 persoas.




 Comenzamos con "Academia de Especialistas" de Miguel Gallardo e Fundación Orange. Todos estiveron moi atentos.




 Había moitos nenos e nenas de infantil, como podedes ver estiveron moi concentrados e atentos.



 Os maiores tamén disfrutaron moito e nin pestañexaban...
 Con "Los Tres Cerditos" de Íñigo Estévez, riron moitísimo sobre todo cando o lobo queimou o seu cuiño.
Finalmente vimos o conto de Pepe Carreiro, "Os Bolechas van ao hospital" e novamente comprobamos que os Bolechas seguen sendo moi queridos polos nenos e nenas de toda Galicia. Chamoulles moito a atención a adaptación a Lectura Fácil que Pepe fixo cunha pequena axuda nosa e debuxando os seus propios picogramas, agora son moito mais accesibles.

 
Para nós sempre é un pracer axudar a concienciar a grandes e pequechos e seguir avanzando para que este mundo sexa moito mais inclusivo.
O noso agradecemento á Rede da bibliotecas de O Grove polo esforzo que están facendo para que este espazo sexa tamén para nenos e nenas con autismo. Teñen pictogramas do ARASAAC, compran todos os libros que hai no mercado con pictogramas, participan dende fai xa dous anos participan na campaña de por Globos Azuis e agora comezan a facer adaptación de textos e mensaxes usando o ARAWORD.
( como podedes ver no cartel que diseñaron para esta actividade e nas seguintes foto).

Ao rematar todos o nenos e nenas sairon da biblioteca con debuxos dos Tres Porquiños con pictogramas do ARASAAC para colorear e un globo azul nas súas manciñas.


Obradoiro do xogo.

Queda menos dunha semana para o noso próximo encontro. Os que esteades interesados neste obradoiro so tedes que enviarnos un e-mail co voso nome e apelidos, e indicando que vos queredes inscribir neste obardoiro, a: asociacionpordereito@gmail.com


APOIO CONDUCTUAL POSITIVO. 10º OBRADOIRO DE POR DEREITO


Obradoiro ACCEGAL: Picto Droid Lite

Deixovos aquí todo o material que nos facilitou Fátima García Doval (mestra do CEE Manuel López Navalón e compoñente de ACCEGAL) na súa visita a Por Dereito para impartir este obradoiro sobre o Picto Droid Lite. Gracias Fáitma pola túa fabulosa exposición e a todo o equipo  por este marabilloso traballo





E os vídeos destas ferramentas podesdes velos nos seguintes enderezos:
Funcionamentos do Picto Droid
Funcionamiento do Picto Droid Lite
Funiconamiento do Picto Droid Lite en modo acumulativo

7º Obradoiro de Por Dereito

Comenzamos o novo curso intentado avanzar na formación para pais/nais de Por Dereito.
Aquí vos deixo o próximo obradoiro. Está feito coa intención de ensinar a descargar, nomenclar, redimensionar e incrustar nun documento os pictogramas do ARASAAC, será impartido por dúas teraperuas de BATA o vindeiro sábado 27 de outubro no Centro de "Día Abuela Esperanza".
Non é exclusivo para socios pero é preciso inscribirse pois hai un tope máximo de prazas e un precio moi asequible para os non socios.


II Obradoiro de comunicadores. Actualizado o 23 de marzo

O vindeiro 23 de marzo, ás 18.30 teremos o noso segundo obradoiro sobre comunicadores e pequenos dispositivos móviles. Esta vez será un socio de Por Dereito, Rafael Aguín o que nos ilustrará sobre o tema. Non vos despistedes e se estades interesados anotádevos canto antes. COMUNICADORES II

Rafa fixo un bo repaso de conceptos básicos para deixarnos claro que non todos os dispositivos móviles funcionan cos mesmos sitemas operativos e sobre todo que según que sistema operativo teñamos poderemos usar uns comunicadores ou outros. 


Fomos bastantes os que asistimos a este obradoiro no que aclaramos moitas dúbidas e na que xurdiu mais dun debate de gran interés. Grazas Rafa por este gran traballo. 


Esta foi a presentación coa que nos ilustrou Rafa Aguín 


O paso á secundaria

Hoxe no Centro de Día Abuela Esperanza tivemos un marabilloso encontro.
Un encontro cunha nai e un pai de Lugo e unhas profesoras moi especiais. Eles viñeron de gran gusto a contarnos a súa experiencia e a de tres mozos e unha moza nun centro ordinario de educación secundaria no que está ubicada un aula específica.
O centro chámase Leiras Pulpeiro e dende fai tres cursos apostaron por esta experiencia inclusiva que queriamos coñecer de cerca.
A conclusión á que chegamos é que a inclusión, tendo en conta que é un beneficio para TODOS e TODAS, é posible incluso na secundaria.
Sería moi logo de contar pero a nosa intención é sobre todo darlle dende aquí  as grazas a Ana, Nahum ( os pais) e a Lidia e a Teresa ( as profesoras) por adicarnos un sábado e poder aclararnos moitas dúbidas e sobre todo indicarnos un camiño a percorrer que é posible.
GRAZAS a eles e tamén a Otilia Vázquez ( que aínda que non estivo presente, a súa influencia percibíase no ambiente e nomeouse moitas veces ao longo do noso encontro).
Agora tócanos a nós pero coa certeza de que se a administración, un centro de secundaria, os pais e nais e o profesorado poñen todos da súa parte é posible que as cousas se fagan ben e sobre todo que os nosos fillos/as sigan estando cos seus compañeiros, co enriquecedor que isto resulta para eles e tamén para os mozos e mozas que o día de mañán serán os que vivan, gobernen e traballen nunha sociedade que seguro será mais inclusiva porque a diversidade enriquece e fainos cambiar a mentalidade a todos.


Primeiro as profesoras de pedagoxía terapéutica que levan a aula contáronos como traballan cos mozos, que actividades comparten cos demais alumnos do centro, a que clases asisten estes mozos cos demais, que adaptacións fixeron, como o centro foi cambiando dende a apertura da aula...

Os pais e nais de Por Dereito que viñeron á exposición estiveron moi calados e reflexivos escoitando o que Lidia e Teresa nos tiñan que contar.

Tamén elas se mostraron moi receptivas ao que os integrantes de Por Dereito lles dicían e sempre dispostas a responder a todas as nosas preguntas, hai moitas dúbidas nas nosas mentes...

Ana e Nahum conversaron con todos nós, intentando en todo momento botar unha man, orientarnos e disipar as posibles dúbidas que xurdiron, son moitos interrogantes pero cremos que esta visita axudounos moito. Agora tócalles aos pais dos nosos mozos e mozas tomar decisións e buscar para os seus fillos a opción educativa que eles mellor consideren. Por Dereito e todos os seus integrantes estaremos aquí para apoiar a súa decisión!!!

O paso a Educación Secundaria

Todo chega, e temos varios dos nosos nenos e nenas que pronto comezarán unha nova etapa educativa. Precisamos coñecer todas as opcións, saber cómo lle vai a outros mozos e mozas nesta nova etapa, cal é a nova problemática... Por iso organizamos este novo obradoiro para coñecer a realidade da man dunhas marabillosas profesoras que traballan cun rapaces na ESO. E como non!, queremos escoitar aos pais/nais destes rapaces pois de seguro que poderán aclararnos moitas das nosas dúbidas. O Paso a Secundaria

O IN-TIC CHEGA A AROUSA DA MAN DA USC E POR DEREITO

O pasado venres desenvolveuse un obradoiro para aprender a manexar o IN-TIC na aula de informática nas dependencias do Centro Sociocultural A Merced, en Cambados. Estivemos alí mais dunha vintena de persoas, seguindo a explicación de dúas magníficas profesoras da Universidade da Coruña da Facultade de Ciencias da Saúde que forman parte do grupo IMEDIR.
A Fundación Orange está axudando no desenvolvemento desta aplicación, que dispón dun módulo específico para TEA ao cal os pais, nais e profesoras que asistimos ao obradoiro vémoslle moitas posibilidades de uso cos nosos fillos/as, alumnos/as: para facilitar a comunicación, como axenda, para achegarlles determinados aprendizaxes, como facilitador de acceso ao ordenador...E seguro que cando o comecemos a usar en serio atoparemos mais posibilidades.
Temos pois moito que agradecer a varias entidades que nos deron esta oportunidade: ao grupo Imedir da Universidade da Coruña, concretamente ás tres persoas que fixeron o esforzo de vir a onda nós e con moita paciencia instruirnos, á Fundación Orange por impulsar este gran proxecto e tamén ao Concello de Cambados por cedernos por unhas horas este aula.
Déixovos aquí as noticias de prensa e unhas fotos da actividade.
Noticia na Voz de Galicia:
http://www.lavozdegalicia.es/arousa/2011/06/16/0003_201106A16C5993.htm

No Diario de Arousa


Enlaces:
http://www.proyectosfundacionorange.es/intic/
http://fundacionorange.es/

2º Obradoiro para pais/nais


O vindeiro venres faremos o 2º obradoiro para aprender a crear e descargar pictogramas. Parece que hai moito interés neste obradoiro e non é de extrañar, os pictogramas poden axudarnos moito na nosa vida cotiá, non só son fonte de comunicación senon que axudan a transmitir información, a controlar conductas explicándolles o que se pode e non se pode facer ou adiantándolle o que vai a acontecer...

1º Obradoiro para Familias: O correo electrónico


O vindeiro 18 de marzo, Por Dereito coa inestimable colaboración da Asociación BATA pon en marcha un novo proxecto, os obradoiros para as familias.
Trátase de que de forma práctica os pais e nais do entorno de BATA e os sociados de Por Dereito poidan aprender o uso de ferramentas moi útiles baseadas nas novas tecnoloxías.
Comezamos con unha das mais básicas pero moi eficaz para cantidade de cousas, o correo electrónico. Temos previstos xa uns cantos mais pero non queremos adiantar acontecementos.
Os interesados so teñen que inscribirse enviando un correo electrónico a:
asociacionpordereito@gmail.com
Ou chamando ao teléfono (so atendemos pola tarde):
679728094
Farémolo con Centro de Día de BATA, "A ABUELA ESPERANZA", comenzaremos ás 18.00 e temos previsto rematar ás 20.30 do día 18 de marzo.
Os socios de Por Dereito poderán vir de balde e os demais so teñen que pagar 10 euros.
Recoméndase que cada quen traia o seu portátil ainda que non é imprescindible.
¡ANIMÁDEVOS, ALÍ VOS ESPERAMOS!

powered by Blogger | WordPress by Newwpthemes