GuíaSalud. Información para pacientes sobre el Trastorno del Espectro Autista en Atención Primaria..

Acaba de saír esta guía para informar ás familias do proceso de detección, diagnóstico e intervención das persoas con trastorno de espectro autista.
Podedes lela neste enderezo:
Guía de salud. Información para pacientes sobre el trastorno del espectro autista en Atención Primaria

O que nela aparece da a sensación de todo funciona correctamente, que si tes un fillo con sospeitas de TEA o pediatra e os servizos médicos especializados vante por no camiño...
Nada mais lonxe da realidade o que vivimos en Galicia. Cada un dos integrantes de Por Dereito e cada unha das familias que temos no Proxecto de Acollida  podería contar a súa peregrinaxe por un sen fin de servizos e o tempo que perdemos ( tan valioso e necesario para unha intervención temperá) para ademais en moitos casos non obter respostas válidas. É DE VERGONZA!!!!
Vou por algúns exemplos ilustrativos uns mais escandalosos que outros pero todos moi decepcionantes:
- Neno con 2 anos, a familia ten sospeitas, fala co pediatra e derívao a neuropediatría, fanlle moitas probas diagnósticas, nada da positivo, entón como conclusión o neuropediatra di que pode ser un TEA ou un Trastrono da Linguaxe. A familia pide un diagnóstico claro, entón o médico dille que non teñen recursos para o seu diagnóstico e que o mellor é que vaian a unha asociación e que llo diagnostiquen alí. Así o fai a familia pero ten que esperar 8 meses, xa que a asociación ten lista de espera. Por fin chega o día, o diagnóstico é TEA e pagando ( uns 250 euros) podes comezar as terapias coa asociación, 30 euros sesión. Total 1 ano de atención temperá perdido, e un diagnóstico previo pago ( ¿ e si non tes cartos para pagar isto, que pasaría con ese neno/a?).
- Nena con 2 anos, a familia sospeita de que algo pasa, o pediatra dálles repostas do tipo " se non fala é porque non ten nada que dicir", "non vexo motivo de preocupación"... A familia busca outras respostas e por fin pagando a outro pediatra derívana a neuropediatría, a partires de aquí o proceso é similar ao anterior. ¿ E que pasaría se a familia queda satisfeita coa resposta do primeiro pediatra? ¿canto tempo pasaría antes de que alguén volvera a  ter sospeitas?
- Neno de 9 anos, leva varios anos acudindo a neuropediatría por outro problema de saúde, pero ninguén detecta, nin no colexio, nin en servizos médicos que o  neno ten un TEA. A nai sabe que algo non funciona ben pero descoñece o tema, en neuropediatría alguén lle di tras 6 anos acudindo alí que pode ser que teña TEA, comeza a falar con Por Dereito e baixo a nosa guía comeza a pedir un diagnóstico claro, por fin vai a unha asociación e recibe o diagnóstico de TEA. Conclusión 6 anos perdidos de intervención e moitos disgustos para esta familia que poderían evitarse si se fixeran ben as cousas. Por certo no colexio non querían oír falar desa sospeita, cando os indicios eran moi claros.
- Mozo de 18 anos. Remata secundaria sen certificado, vai a secundaría para adultos pero probablemente non poida aprobar. A familia non sabe que vai facer con el. Ten varios papeis que poñen que hai sospeitas de TEA, asistiu dende moi pequeno a revisións periódicas de neuropediatría pero nunca lle deron un diagnóstico. Agora que será deste mozo???? Ninguén os orientou adecuadamente: nin os servizos sociais, nin os médicos, nin os educativos. A quen terían que pedirlle os pais responsabilidades???? A primeira noticia que temos de el e través dunha monitora dun concello pois nunha actividade presentou unha conduta moi agresiva e ela decidiu poñerse en contacto con nós. NON HAI DEREITO!!!!!!
Poderíamos seguir así  indefinidamente pero como conclusións vamos dicir que:
- Os pediatras descoñecen que é un trastorno do espectro autista polo que non derivan moitas veces aos nenos. A detección falla en atención primaria
-Os especialistas en neuropediatría non teñen recursos para diagnosticar un TEA,e moitas veces non orientan ás familias a onde teñen que ir para obter un diagnóstico. Pero o mais escandaloso é que a inspección educativa di que non lle vale un diagnóstico dunha asociación, polo que moitos nenos pasan pola etapa educativa sen apoios nin intervención adecuada ás súas características. O diagnóstico so se obtén previo pago nunha asociación especializada.
- Non hai atención temperá especializada, de feito fai moi pouco tempo que existe a atención temperá na zona de Arousa, pero si as familias son derivadas a ela polos servizos médicos, os especialistas deste servizo dinlle ás familias que non é necesario un diagnóstico, que o importante é estimulalos, que as etiquetas son contraproducentes. Isto supón a perda de anos moi valiosos para a intervención especializada, ademais so contan con tres persoas para atender mais de 100 nenos de todo tipo e non teñen idea de como traballar cun neno con TEA. A atención temperá é deficitaria e non especializada
- Nos colexios nin os departamentos de orientación, nin os mestres, nin sequera os equipos de orientación específicos teñen instrumentos nin formación para o diagnóstico nin a intervención e ademais en moitos casos rexeitan a axuda das asociacións especializadas xa que o consideran un intrusismo!!!!! Educación non ten instrumentos para o diagnóstico, falta formación para a intervención e a detección e os recursos humanos son escasos.
- Se unha familia non ten recursos económicos o seu fillo non terá diagnóstico nin terapias especializadas.Os costes do diagnóstico e da intervención teñen que pagalos as familias teñan recursos ou non.
- Por si isto non fora pouco os sindicatos defenden o dereito do profesor a escoller praza de substituto na súa quenda sen ter en conta a especialidade, isto supón que exista profesorado de apoio nos colexios que nin sequera ten a especialidade de audición e linguaxe ou pedagoxía terapéutica, pode ser que estas prazas estean ocupadas por profesores de inglés, educación física ou música. O profesorado de apoio non ten porque ter as especialidades de mestres de AL ou PT
A guía é fantástica, pero está moiiiiiii lonxe da realidade que vivimos as familias de nenos e nenas con TEA, de feito por iso Por Dereito puxo en marcha o Proxecto de Acollida e de verdade que cada día quedamos mais impresionados polos calvarios das familias. As cousas teñen que cambiar!!!!

Os dereitos dos nosos fillos

Nas dúas últimas Escolas de Pais e Nais de BATA tratáronse dous temas de gran importancia de cara a coñecer os dereitos dos nosos nenos:
-Lexislación educativa
-Recoñocemento da minusvalía e da dependencia.
É de vital importancia para nós coñecer os dereitos que teñen os nosos fillos para así poder reivindicalos. Nestas Escolas de pais fixemos alusión a varios enderezos que queremos compartir con todos vós (de feito xa levan tempo incluídos na columna da dereita deste blog)

Enderezos:
Guía de Vantaxes e medidas de apoio

Trámites para obter as axudas

Lexislación educativa para nenos con NEE

Lexislación sobre Orientación Educativa

Vigalicia

Foro de Vida Independiente

Información sobre a lei de Dependencia

Con respecto a este último tema quero que coñezades a Dani, un neno malagueño que xa ten a prestación de Asistencia Persoal (AP), e que escoitades á nai, pois reflexa moi ben o que significa para eles o ter na súa vida un Asistente para Dani.
Mariola Rueda quere transmitirnos esta mensaxe: "Queríamos hacer este vídeo para difundir la importancia de la asistencia personal en los niños con diversidad funcional.... En cuatro minutos es imposible hacer ver todo lo que significa Fali para Dani, pero creo que sí que se puede comprobar lo que ha supuesto en la vida de Dani y en la familia..."


Enderezos
Autismo y modelo de la diversidad

Fotos da III Marcha pola Diversidade Funcional

Axudas para accesibilidade e promoción da autonomía persoal

Xa tedes no DOG a publicación das Axudas para a accesibilidade e a promoción da autonomía persoal. Non vos esquezades de ter en conta que no caso dos nosos fillos os comunicadores, sexan aparatos específicos, ou ben mediante ordenador, PDA, Ipod...tamén se consideran facilitadores da accesibilidades e a autonomía.
A cuantía máxima da subvención é de 3000 euros. O prazo máximo para presentar a documentación é hasta o 23 de agosto
axudas_individuais_2009

Convocatoria de Becas do M.E.C. para alumnos con Necesidades Educativas Especiais.

Curso 2009/2010. O prazo de presentación de solicitudes extenderase hasta o 30 de xuño de 2009 inclusive.

Enlaces:
BOE onde sae publicado

Convocatoria de axudas para familias en paro


A Fundación Barrié de la Maza ten un Programa de Axudas de Emerxencia Social para ás familias afectadas pola crise. Pretende resarcir os custos de familias cunha situación económica que empeorase de maneira significativa por mor da perda de traballo dun ou máis membros da familia, coa finalidade de que poidan afrontar gastos fixos mensuais relacionados coa alimentación, educación ou sanitarios.

O prazo de solicitudes é ata o 31 de decembro de 2009.

Enlace:

TRÁMITES AXUDAS

Fai uns meses redactei este escrito para explicar que axudas podemos tramitar para os nosos fillos, non son moitas pero se non as tedes solicitadas, xa sabedes a comezar o "chollo".
O tema da Ley de Dependencia vai con moito retraso, pero mais se retrasará se non facemos a solicitude. Tedes dous enlaces explicativos na columna da dereita.

Trámites Ayudas

powered by Blogger | WordPress by Newwpthemes