Somos un grupo de pais e nais de nenos afectados de autismo, transtornos xeralizados do desenvolvemento (TXD) e transtornos da comunicacion (TC) da provincia de Pontevedra que decidimos unir as nosas forzas para loitar polos dereitos dos nosos fill@s.

Por Dereito na TVG

Fai algo mais de quince días saimos no programa "Vivir aquí" da galega, podedes ver neste vídeo unha parte importante das nosas inquedanzas e de por que andamos nestas guerras...

A postura do representante do Concello

DIARIO DE AROUSA
31/11/09
Fajardo y padres de A Lomba, fuerzan un Consello Escolar para hablar del aula de autismo D.P. > VILAGARCÍA

Juan Fajardo, solicitó junto a los padres, esta convocatoria extraordinaria.El representante de la Corporación Municipal en el Consello Escolar de A Lomba, Juan Fajardo, y un grupo de padres de alumnos del centro, forzaron la celebración de una convocatoria extraordinaria para el próximo martes con un sólo tema de debate: La desautorización de las entrevistas de los padres de alumnos del aula estable de autismo con la profesora responsable de la misma, por parte de la Inspección Educativa.
Para el político de izquierdas “esto es una auténtica barbaridad que atenta contra los derechos constitucionales de los padres y el buen desarrollo de la educación de estos pequeños. Es absurdo, irresponsable y poco democrático”, dice.
Dado que un tercio del Consello Escolar apoyó la convocatoria extraordinaria, está ha tenido que aprobarse y se celebrará el próximo martes a partir de las 18 horas en las instalaciones del propio colegio de A Lomba.
Fajardo indica que su propósito es “reprobar la actitud del inspector de Educación”, por prohibir las reuniones entre la docente del aula estable y los padres.
Por otra parte, el representante de la Corporación en el Consello Escolar de A Lomba incide en que “esta decisión significó un importante retroceso para estos niños, que han involucionado a situaciones anteriores a la apertura del aula”, casos como la dificultad de los menores para relacionarse con otros jóvenes de su edad.
También explica el edil de IU que esta queja no tiene nada que ver con la profesionalidad y el trabajo realizado por la docente encargada del aula de autismo, pero sí que cree que “no hay profesores especializados en este tipo de trastornos en el servicio público. Deberían consolidar a profesores que sepan hacer las cosas”.

Novo libro do profesor Manuel Ojea

La Voz de Galicia

El profesor Manuel Ojea presentó su libro «Autismo, Asperger. Programa de Integración Gestáltico»

Autor:
Jesús Manuel García
Fecha
28/10/2009
El catedrático de orientación Educativa de la Universidad de Vigo, Manuel Ojea Rúa, presentó en Tanco el libro A utismo, Asperger. Programa de integración gestáltico . Esta obra va más allá de las teorías sobre la forma que los niños autistas tienen para codificar la información que reciben. «Fai catro anos prantexeime que estas teorías poderían ter aplicación práctica para traballar xusto o proceso de codificación dos alumnos con autismo», dice Ojea. Y de ahí este libro, novedad internacional, dice, en el que traduce a la práctica las teorías científicas sobre percepción.

«Si se entende que os nenos autistas dacordo con estas teorías reciben os estímulos de maneira parcial e non total, o libro propón estímulos, descomponos en partes para chegar progresivamente ao estímulo global e facilitar un desenvolvemento da súa aprendizaxe, tendo en conta o seu nivel específico de procesamento». Dice el profesor que ese nivel que tienen de procesar la información no es igual que el nuestro. El libro tiene 173 actividades para alumnos de 5 a 12 años. Consisten en seguimiento de la mirada, habituación y deshabituación, cierre gestáltico, pertenencia-seriación, categorización, simbolización, percepción-inferencia e integración gestáltica. Gestalt es la escuela alemana que defendía que las imágenes se perciben en su totalidad, no como suma de sus partes.

Ejemplos

Ojea pone un ejemplo: «A un neno autista poñémoslle diante unha mazá á que lle falta un anaco. Nós vemos unha mazá co anaco que lle falta e decimos que é unha mazá. O neno autista basearía a súa atención no cacho que falta e logo progresivamente iría admitindo o concepto de mazá». Ante una escalera con peldaños de colores, señala Ojea Rúa «o primeiro que diríamos é que é unha escaleira; logo analizaríamos se os peldaños son de distintas cores. O neno autista centraría a súa atención nun peldaño e nunha cor. Logo vería outro peldaño e outra cor. Se seguimos ese proceso de aprendizaxe, acabaríamos conceptualizando o concepto de escaleira, pero non antes».

El autor del libro dice que interpretamos las cosas por el significado que de ellas tenemos dentro, «pero estes nenos teñen unha ruptura interna no nivel de significados e interpretan as partes, son moi literais e detéñense nos detalles. E se non temos en conta esto, o noso proceso de aprendizaxe vai fracasar».

El libro presenta un estímulo global, lo descompone y vuelve a componerlo esperando mejorar los síntomas del diagnóstico autista. «Ata agora hai programas para desenvolver a comunicación pero non para ir xusto ao diagnóstico e mellorar os criterios dos índices autistas», manifiesta el catedrático.
Enderezos:
Noticia na Voz de Galicia
Blog do profesor Manuel Ojea

Carta de Jesús Merino

Hoxe chegoume por correo electrónico esta carta publicada na prensa nestes días, sinto non daros o enderezo do orixinal pero é que o descoñezo. Por Dereito e sobre toso os pais dos nenos da aula específica da Lomba queremos darlle as gracias a este home polo seu bo criterio. ¡Gracias Jesús!
Carta del profesor de Filosofía Jesús Merino

E seguimos na mesma, agora a UGT

Fuente: Faro de Vigo
Data: 22 de outubro do 2009

UGT defiende al profesorado elegido para atender el aula especial de A Lomba
El sindicato dice que hasta ahora el funcionamiento era "atípico y alegal"

REDACCIÓN - VILAGARCÍA El sindicato FETE-UGT también ha querido pronunciarse en lo referente al aula especial para niños autistas existente en el colegio de A Lomba. La entidad defiende que el profesorado seleccionado para atender a los niños sea de la enseñanza pública y sentencia que el modelo empleado hasta el momento ha sido "atípico y, como mínimo, alegal".
El pronunciamiento del sindicato respecto a la situación del aula en temas pasados ha sido reiterado en varias ocasiones y, de hecho, su postura ha sido transmitida a la asociación Por Dereito en un encuentro mantenido entre responsables de ámbas organizaciones.
UGT indica que en la enseñanza pública existen profesionales preparados para la atención a este tipo de aulas y enseñanzas y que, además y según se afirma desde el sindicato, es "responsabilidad" de la Consellería de Educación la formación actualizada del profesorado a través de los centros de formación y recursos o mediante convenios con las universidades".
El sindicato vuelve a recordar su postura e insiste en que ellos siempre defendieron la misma propuesta: la de que se convoque un concurso de méritos específico en la modalidad de atención educativa preferente para que puedan optar al puesto docentes con el perfil adecuado.
FETE-UGT respalda así a la profesora de pedagogía terapéutica que atiende actualmente el aula específica. Además, la entidad considera "correcta" la actuación de la inspección de Educación en el conflicto.
Por otra parte, los padres afectados nunca se han mostrado contrarios a la capacitación profesional de la nueva docente, aunque sí exigen poder entrevistarse con ella para explicarle las características específicas de cada uno de los niños.
Enlace:
Faro de Vigo

Novamente seguen nomeándonos na prensa e defendendo á profesora ainda non sabemos de quen ou de que.
Os pais de Pordereito o único que queren é o ben dos seus fillos e poder falar co profesorado que se encarga dos seu nenos. Seguimos sen estar de acordo con este modelo xa que coxea por todas partes pero nin dubidamos da profesionalidade da profesora nin entendemos por que se fala de acoso...
Toos están confundindo os termos nós queremos un modelo educativo que responda ás necesidades dos nosos nenos pero non estamos nin en contra da educación pública e moito menos do profesorado.
Eso si esiximos que se respete o dereito dos pais a falar e coordinarse co profesorado que durante 25 horas á semana está cos seus nenos.
Sabemos que os sindicatos están para defender os dereitos dos traballadores e respaldalos ante as inxustizas pero non sei que fan nomeando e facendo constantes alusións a unha asociación de pais.
O que sinalo en vermello é algo que non se está facendo. Convido á UGT a que revise o Plan de Formación do profesorado para este curso e que contabilice cantos cursos hai en relación á educación de nenos con necesidades educativas especiais. Eu podo contestar a iso: NINGÚN.
Igualmente paréceme ben que a maneira de seleccionar ao profesorado para esta praza sexa mediante ese concurso de méritos (xa que non valora outras opcións). A Consellería tiña moi claro que non ía seguir con BATA desde que entraron, en cambio non sacaron a praza a ese concurso de méritos e eu pregúntome ¿por que?
Nós convidamos á UGT a que pida explicacións por eses temas que eles din defender, teñen razón, pero a Administración non demostra que esté nesta línea de actuación.
A Presidenta de Por Dereito

Pronunciamento da CIG

Fonte: La Voz de Galicia
Autor: Duarte Correa Piñeiro Xabier Rodríguez Paz
Fecha de publicación: 17/10/2009
A dicir verdade, este sindicato, durante todo este tempo, estivo realizando un seguimento pormenorizado do tema, tomando como premisa a discreción. Unha discreción que nos parece imprescindíbel cando se trata de movernos nun mundo tan delicado como é o da atención a cativos con necesidades educativas especiais.
Dentro desa discreción á que nos referimos fómonos entrevistando con todas e cada unha das partes afectadas: Administración, Asociación Por Dereito, Fundación Autismo BATA e, como non podía ser menos, co equipo directivo e profesorado do CEIP A Lomba; así como cos colectivos de docentes que se opuñan á xestión desa aula por unha entidade privada, mesmo que esta se declare non lucrativa e teña un recoñecido prestixio no eido do autismo.
Tendo como temos unha idea clara da defensa do ensino público de calidade, tería sido unha insensatez boicotear co curso comezado o desenvolvemento da devandita aula, dado que ademais a Administración comprometeuse coa CIG-ENSINO en Outubro de 2008 a que aquela se mantería con profesorado do ensino público a partir do curso no que agora estamos. Mesmo así, deixámoslles claro a todas as partes que nos parecía un erro ese modelo de xestión privada, marcado pola falta de transparencia e de cobertura legal, e ofrecémonos a suxerir outras vías de colaboración, que poderían pasar por que BATA intensificase a impartición de cursos a través dos CEFORE, a aporte de recursos pedagóxicos ou unha colaboración máis estreita e coordinada entre esa entidade e centros de ensino que acollían ao alumnado autista.
No presente curso escolar a Administración educativa decidiu, correctamente para nós, dotar esa aula de persoal do sistema público de ensino, persoal que está totalmente capacitado, con coñecementos e experiencia para atender ás necesidades específicas da aula, respondendo así ao posicionamento do claustro de profesorado do CEIP A Lomba de mantemento da aula estábel pero atendida por persoal capacitado do ensino público. Este persoal compóñeno unha docente perfectamente cualificada e un coidador que é, ademais, titulado en Maxisterio pola especialidade de Pedagoxía Terapeútica, habendo outros dous coidadores que colaboran nos períodos de recreo e de comedor.
Tendo en conta o preocupante camiño que está tomando este tema non podemos permitir que se estean a sementar dúbidas sobre a profesionalidade e competencia da profesora encargada da aula. É, por tanto, que non entendemos a ambigüidade das recentes manifestacións da ANPA.
Diante disto nós preguntámonos por que agora se airean dúbidas sobre a idoneidade da profesora encargada da aula e, pola contra, nunca se cuestionou a experiencia de quen o facían no pasado curso. Mesmo, e nisto debemos facer fincapé, cando ela se ten comprometido a seguir a liña metodolóxica aplicada anteriormente co fin de que o alumnado non sufra cambios.
Consideramos acertada a medida cautelar adoptada pola Inspección de suspender temporalmente as entrevistas entre pais e docente dado que nos primeiros días de curso esta veuse realmente acosada nalgúns momentos, e que calquera información da evolución do alumnado sexa a través dos seus titores.
Diante desta situación gustaríanos, que por parte da dirección do centro se defendese publicamente o labor que están a realizar todos e cada un dos profesionais que nel desenvolven o seu labor docente ou asistencial, en especial esta compañeira.
Solicitamos que dunha vez por todas remate este conflito artificial, conflito que tivo como responsábel a actuación á lixeira, supoñemos que non mal intencionada, da anterior Consellería de Educación, que no seu momento, e diante dunha necesidade de dar un servizo educativo, non foi quen de proceder a unha análise axeitada da situación.
Para rematar, e recoñecendo o meritorio e prestixioso labor que realizan as entidades privadas de atención a persoas con necesidades educativas especiais, entre as que destaca BATA, queremos sinalar que é un erro querer desviar a atención falando de supostos corporativismos ou posicionamentos anticuados; dado que só un servizo público, a pesar das súas imperfeccións, é quen pode garantir a universalización da atención a toda a sociedade, sen ter en conta a súa capacidade económica nin a súa ubicación xeográfica.

Quédanos moi clariño que tampouco a CIG entendeu nada do que, no seu momento, falamos con eles. Os nenos como sempre ocupan o último lugar en toda esta guerra... Que mágoa, eles só teñen como defensores aos seus pais, uns pais que están a sufrir uns ataques constantes por todas as partes e que cando teñen o apoio de outros pais provoca reaccións de este tipo.
Ninguén dubida da profesionalidade desta mestra, ainda que todos vos empeñades en reiteralo. Ninguén dubida que teña as mellores intencións do mundo. Ninguén dubida que esta situación llo faga pasar mal...
Pero alguén se preocupa do mal que o están pasando os pais dos nenos ao ver que o horario de apoio aos seus nenos está mermado, que a continuidade do traballo do curso pasado se vexa tirado polo chan, e non porque a profesora non sexa capaz, senon porque é imposible que haxa continuidade pois nin fala cos pais nin coas profesionais de BATA. Alguén se preocupa de que estes pais sexan tratados de "acosadores" inxustamente, ¡maldita sexa! son pais preocupados que están sufrindo pola incompetencia desta e da anterior administración educativa. Agora non so somos tratados como terroristas na Consellería senon tamén fora dela.
Mirade todos seguides a opinar sen falar cos principais interesados, cos que sufren as consecuencias reais e a longo prazo de todo isto. O ano pasado ninguén cuestionou o traballo das profesionais de BATA porque foi impecable. Ademais isto non foi certo, a Inspección cuestiomou o seu traballo sen darlles ningunha oportunidade para explicar o que eles non entendían. Os nenos progresaron moito en tódolos aspectos e iso é o que conta para nós.
Seguimos afirmándonos en que o modelo da aula estable era o idóneo como transición mentres non se formase ao profesorado, e se tomase ese modelo como exemplo a seguir (con profesionais da pública formados).
Agora temos unha aula específica (non unha aula estable ou de apoyo) e sin dubidar da profesora, a situación é moi distinta e explico por que:
- As horas de apoio son menos en tódolos casos. O ano pasado eran dúas profesoras.
- Os apoios fanse na aula específica, o curso pasado a maioría dos apoios dábanse dentro da aula (iso é a inclusión entre outras cousas).
- As dúas profesoras de BATA estaban formadas en autismo, os coidadores (no modelo educativo da Xunta) non teñen esta formación. Igualmente celebramos que sexa unha persoa con maxisterio pola especialidade de PT, ainda que aos pais nada se lles dixo disto.
-A estabilidade do profesorado. Este curso esta profesora da aula específica está en Comisión de Servizos obrigada pola Inspección, o próximo curso Dios dirá quen levará a aula. Pasará como en moitas outras aulas específicas de Galicia que cada ano hai un profesor novo.
-Coordinación. Este ano o colexio vai por un lado e os profesionais de BATA e os pais polo outro. A Inspección non quere que a coordinación se faga e non quere dar explicacións.
-A intervención nos recreos non se da nin en ningún outro sitio que non sexa na aula específica. Non se atende cousas tan importantes como o aprendizaxe no control de esfínteres, ou autonomía so se traballa o currículo académico.
CREO QUE DEIXO BEN CLARIÑO AS DIFERENZAS.
O triste de todo isto é que os nenos están retrocedendo e os pais están sufrindo pero isto a ninguén lle importa. A min si, pois facilmente me podo por na súa pel e da ganas non so de manifestarse diante da Xunta, como fixemos, senon diante de todos aqueles que non entendedes nada de nada...
Tamén é triste que mentres profesores e os pais nos enfrentamos a Administración segue sen facer nada polos nenos con necesidades educativas especiais e que cada vez os recursos para eles sexan menos. Isto si que é unha bandeira que de momento non vexo no tellado de ningún dos que están nesta guerra.
Os primeiros interesados en rematar esta guerra no colexio son os pais pero son tratados como delicuentes con "orde de alonxamento".
Poño pois nas mans dos quen tanto protestan que deixen de botar leña á fogueira e comencen a colaborar con solucións, se tanto lles preocupa todo isto que comencen a buscar saidas a esta incómoda situación para todos.
A Presidenta de Por Dereito, Mª Cruz da Silva Rubio

Enderezo:
La Voz de Galicia

Os pais non poden falar nin coa profesora nin coa coidadora...

La Voz de Galicia
La dirección del colegio de A Lomba comunico a través de un escrito al ANPA del centro y a los padres de alumnos del aula especial la prohibición epresa de Inspección Educativa de que los padres de los niños autistas se reunan con la profesora de sus hijos, que queda anulada la entrevista que habían solicitado. Tal y como indica el director en ese escrito, «a Inspección de Educación prohibiu expresamente toda reunión que no conte coa súa autorización previa
Los padres no ponen en duda la profesionalidad de la maestra, pero ignoran si sus hijos cuentan con el material adecuado. Además, «Están PREOCUPADOS polo retroceso e da aprendizaxe no ámbito social, que coidan que xa están a padecer os nenos». Reiteran que el año pasado sí estaban bien atendidos con Bata, y denuncian que este curso solo tienen una cuidadora de la que nada saben porque no se les permite hablar con ella. El ANPA les ha prestado todo su apoyo.
Enlace:
La Voz de Galicia

¿COMO XURDIU A ASOCIACIÓN?

A asociación xurde da realidade dunha problemática común e da convicción de que a unión fainos mais capaces de resolvela. Nós, os membros de "Por Dereito", vivimos de xeito cotián tódalas dificultades que supoñen para un nen@ e para súa familia ter unha Discapacide Psíquica. O coñecemento real destes problemas, a inevitable reflexión sobre os mesmos e coñecer algunhas das solucións, capacítanos como interlocutores válidos dos nosos fillos ante a Sociedade e as Institucións.

OBXECTIVOS

Queremos conseguir a INCLUSIÓN temprana e xeralizada, real e total das personas con autismo na sociedade, a fin de que poidan ser e sentirse membros útiles si se lles proporcionan os entornos e traballos axeitados ás súas posibilidades.

NOSOS LOGROS

-De momento temos conseguido un logro moi importante, a creación dun"aula estable" nun CEIP de Vilagarcía de Arousa con profesorado especializado nestes trastornos.

-A celebración do "Día do Autismo" en Cambados e Vilagarcía

-O comezo da adaptación da Escola Municipal de música, en Cambados, para nenos con autismo e calquer tipo de dificultade comunicativa.

Enlace a unha definición de aula estable