Por Dereito participa no "Cambados Lipdup" da TVG cos pictogramas do ARASAAC

En abril en Cambados a TVG gravou un Lipdup e convidaron a todas as asociacións do pobo a participar. Ese mes foi para nós moi "movido" xa que tiñamos todos os fins de semana actividades de visibilidade e concienciación (dous contacontos, a lectura do Manifesto ante a Naiciña, Gala de maxia e obradoiro de cociña, entrevistas na prensa e en Canal Rías Baixas). O día da lectura do Manifesto foi o día no que se gravou o Lipdup pero unha das nais de Por Dereito, Nicol,  a nosa Vicepresidenta, decidiu participar con varios nenos e nenas no Lipdup no nome de Por Dereito. Adaptou a pictogramas do ARASAAC un anaco da canción "Waka, waka" fixo a súa impresión en grande e argallou unha sinxela coreografía para saír no Lipdup de forma que todo o que visione este vídeo verá os pictogramas, aínda que sexa de pasada.
Magnífica iniciativa!!
Podedes ver o resultado a partires do minuto 45 no seguinte enlace e a entrevista a Nicol a partires do minuto 26.
Enlace ao programa na TVG: http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/cambados-2







You can leave a response, or trackback from your own site.

0 Response to "Por Dereito participa no "Cambados Lipdup" da TVG cos pictogramas do ARASAAC"

Publicar un comentario

powered by Blogger | WordPress by Newwpthemes