Pictogramas do Arasaac no Concello de Valga dentro do Porxecto "Lecer para todos no noso Concello"

O concello de Valga leva xa uns meses traballando xunto con nais de Por Dereito e o ARASAAC na adaptación a pictogramas de todos os seus espazos comunitarios.
A corporación local de Valga ten moi claro que quere que o seu Concello sexa mais accesible para todos e por iso aceptaron de moi bo grado o noso "Proxecto de Lecer para todos no noso Concello". Recentemente tamén impartiron un curso de formación en autismo na súa OMIX (Oficina de Información Xuvenil) e teñen traballado con BATA en programas de inserción laboral para persoas con autismo.
Dende Por Dereito aledámonos moito cada vez que un concello se une a este proxecto, é unha porta mais cara a inclusión dos nosos fillos na sociedade.
Cada vez que se colocan pictogramas do ARASAAC nun espazo público significa varias cousiñas importantes para nós:
- Acceso á información mediante a senaléctica con pictogramas
- Que todo o mundo se pregunte que son esos "debuxiños"
- Que se fale do autismo
- Que se faga formación en autismo nese concello
- En resumidas contas que as persoas con autismo sexan recoñecidas como cidadáns dunha comunidade.
Por todo isto seguimos e seguiremos inundando a nosa terra de pictogramas, xa están en :
Cambados, A Illa, O Grove, Ribadumia, Vilanova, Teo e agora Valga. Non estamos en todos os concellos na mesma fase do proxecto, pero pouco a pouco e cos nosos escasos medios imos avanzando paseniño pero moi seguros do que estamos a facer
Unha vez mais queremos agradecerlle ao ARASAAC que isto sexa posible e tamén ao Concello de Valga por implicarse con nós neste marabilloso proxecto.
Mirade algunhas das fotos dos espazos adaptados de Valga

Pictogramas da Casa do Concello
Pictogramas do Auditorio de Valga

Pictogramas do Cra de Valga e do CEIP Ferro Couselo

Pictogramas da Casa da Cultura
Pictogramas da Escola Municipal de Valga

Acceso ás novas na prensa dixital no mes de xaneiro:
Diario de Arousa
Faro de Vigo
La Voz de Galicia
Periódico Digital de Accesibilidad Universal

You can leave a response, or trackback from your own site.

0 Response to "Pictogramas do Arasaac no Concello de Valga dentro do Porxecto "Lecer para todos no noso Concello""

Publicar un comentario

powered by Blogger | WordPress by Newwpthemes