Por Dereito agradece a vosa participación na marea azul do mes de abril!!

No mes de abril fixemos un chamamento a través de e-mails e as redes sociais para que engalanárades os vosos pobos, casa, lugares de traballo, colexios...con globos azuis e logo nos fixérades chegar fotos.
A resposta foi magnífica, tanto que tivemos que deixar este traballiño para cando tivéramos un momento de respiro xa que levamos tres meses sen parar.
Chegáronnos mais de 400 fotos, todas preciosas de moitos lugares de Galicia, algunhas incluso de outros puntos de España e incluso unhas pouquiñas de outros países. Tamén varios colexios enviaron as súas fotos, algunhas son para enmarcar. Hainas tamén de moitos edificios de titularidade pública: casas do concello, bibliotecas, algunha consellería...
So podemos dicir GRAZAS!! Esperamos que vos gusten tanto como a nós. Desculpade se hai algún erro na procedencia das fotos, pero sobre todo nas que chegaron polo facebook era complexo saber a procedencia.

You can leave a response, or trackback from your own site.

0 Response to "Por Dereito agradece a vosa participación na marea azul do mes de abril!!"

Publicar un comentario

powered by Blogger | WordPress by Newwpthemes