Pictogramas do ARASAAC no Centro de Saúde de Cambados

Cambados sigue o seu proceso de facerse mais accesible, neste intres temos pictogramas en:
-Escola de Música de Cambados
-Biblioteca Municipal
-Piscina Municipal
-Ceip San Tomé (decisión do colexio)
-Ceip Enrique Barreiro (decisión do colexio)
-Casa Consistorial
-Pabillón do Pombal
-Salón de Exposicións Peña
E esta mañán seguindo as nosas indicacións uns operarios do concello tiveron moito trababallo, colocar todos os pictogramas  do Centro de Saúde, son tres plantas con 8 consultas de médicina xeral, dous pediatras, e 7 consultas de enfermería,contando incluso con urxencias...Deixamosvos aquí toda a adaptación exceptuando os pictogramas que se repiten (médico,baños, sala de espera, silencio e enfermeiro). Estamos realmente agradecidos e orgullosos de este novo paso na accesibilidade e sabemos que ainda queda moito que facer pero isto sempre nos da ánimos para seguir.
Reiteramos o noso agradecemento ao Concello de Cambados e ao ARASAAC xa que sin a colaboración de ambos isto non sería posible.
En breve estará tamén adaptada a Oficina de Información Xuvenil sita o edificio da Merced, pois os pictogramas xa están impresos.


You can leave a response, or trackback from your own site.

0 Response to "Pictogramas do ARASAAC no Centro de Saúde de Cambados"

Publicar un comentario

powered by Blogger | WordPress by Newwpthemes