Actividade na Biblioteca de O Grove. BIBLIOAZUL


O pasado venres 5 de abril estivemos na Biblioteca de O Grove. Fomos convidados para facer actividades de concienciación do autismo e contar contos con pictogramas.
Cando alí chegamos o primeiro que nos alegrou foi ver os pictogrmas do ARASAAC colocados en cada porta. Xa fai uns meses que este Concello solicitou que puxeramos en marcha o "Proxecto de lecer para todos no noso concello" da nosa asociación. A señaletica forma parte de el.
Ao entrar na sala onde iamos proxectar o conto e o corto atopamos unha nova sorpresa...Globos azuis no escenario a ambos lados da pantalla de proxección
Pouco a pouco foron entrando os nenos e nenas cos seus pais e nais. Ás actividades asistiron mais de 80 persoas.
Comenzamos con "Academia de Especialistas" de Miguel Gallardo e Fundación Orange. Todos estiveron moi atentos.
Había moitos nenos e nenas de infantil, como podedes ver estiveron moi concentrados e atentos.
Os maiores tamén disfrutaron moito e nin pestañexaban...
Con "Los Tres Cerditos" de Íñigo Estévez, riron moitísimo sobre todo cando o lobo queimou o seu cuiño.
Finalmente vimos o conto de Pepe Carreiro, "Os Bolechas van ao hospital" e novamente comprobamos que os Bolechas seguen sendo moi queridos polos nenos e nenas de toda Galicia. Chamoulles moito a atención a adaptación a Lectura Fácil que Pepe fixo cunha pequena axuda nosa e debuxando os seus propios picogramas, agora son moito mais accesibles.
Para nós sempre é un pracer axudar a concienciar a grandes e pequechos e seguir avanzando para que este mundo sexa moito mais inclusivo.
O noso agradecemento á Rede da bibliotecas de O Grove polo esforzo que están facendo para que este espazo sexa tamén para nenos e nenas con autismo. Teñen pictogramas do ARASAAC, compran todos os libros que hai no mercado con pictogramas, participan dende fai xa dous anos participan na campaña de por Globos Azuis e agora comezan a facer adaptación de textos e mensaxes usando o ARAWORD.
( como podedes ver no cartel que diseñaron para esta actividade e nas seguintes foto).
You can leave a response, or trackback from your own site.
0 Response to "Actividade na Biblioteca de O Grove. BIBLIOAZUL"
Publicar un comentario