Actividades para a Concienciación na nosa comarca

Ainda que o día 2 foi o Día da Concienciación do Autismo, en Cambados traladámolo ao día 6 xa que un sábado todos temos un pouquiño mais de tempo e os nenos/as non teñen que madrugar.
Igualmente si que participamos e fixemos todo o que puidemos para que o día 2 a nosa terra se convertise nun manto azul de globos. Temos que agradecer aos mais de 400 participantes as fotos que nos fixeron chegar dende todas partes de Galicia e mais aló. En breve faremos unha montaxe con todo este material...
A semana pasada estivemos o martes, como sabedes, na Biblioteca de Cambados  e o venres na de O Grove. Abril é e será AZUL nestas terras, diso encargámonos en Por Dereito!!

Pero hoxe toca falar da actividade do día 6, a iluminación en azul da Naiciña de Asorey dentro do movemento Light It Up Blue! Que leva uns anos conseguindo que mais de 100 edificios emblemáticos de todo mundo se iluminen de azul para Concienciar sobre o AUTISMO.


As 20.30 tiñamos pois a nosa cita nesta preciosa Praza que está iluminada de azul dende o día 1 de abril.
Cando alí chegamos atopámonos cun escenario cuberto con moqueta azul e cadeiras en azul, a parte de moitos globos azuis pendurados por toda a Praza e sobre todo moita xente cambadesa e socios de toda a provincia de Pontevedra, familias completas cun marabilloso sonriso nas súas caras ao ver esta posta en escea.


Xa é o terceiro ano que celebramos xunto co Concello de Cambados este evento. Dende o primeiro comezamos a ler un manifesto, feito e posto en escea por parte dun rapaz ou mozo de Por Dereito. O primeiro ano foi David, o segundo Teo e este ano Alberto.
Se queredes podedes ver o Manifesto deste ano neste vídeo:





A continuación O Coro Infantil e Xuvenil da Escola de Música de Cambados con Marco Lucato na dirección fixeron una soberbia interpretación de catro preciosas pezas musicais.


Para rematar este día tan especial o Concello convidou a todos os asistentes a rosca e chocolate quente...boa forma de rematar esta velada.


Cremos que accións como esta permítenos saír á rúa e chegar as mentes e corazóns dos nosos conveciños para pouco a pouco facer das nosas vilas lugares moito mais inclusivos e derribar falsos mitos sobre o autismo, que ainda están presentes na nosa sociedade, ao tempo que facemos a todos partícipes das nosas inquedanzas e preocupacións.

Agradecemos ao Concello de Cambados que nos apoien nestes eventos, ao Coro Infantil e Xuvenil da Escola de Música a súa inestimable colaboración e aos asistentes o agarimo e o calor co que nos acolleron o sábado. Moitas mensaxes positivas tivemos que escoitar mentres tomabamos ese chocolate con rosca.
Pero abril todavía non rematou e en Cambados aínda ten moito mais que ofrecer...


Enlaces ás novas na prensa:


You can leave a response, or trackback from your own site.

0 Response to "Actividades para a Concienciación na nosa comarca"

Publicar un comentario

powered by Blogger | WordPress by Newwpthemes