Los tres cerditos, Os Bolechas van ao Hospital e Academia de Especialistas. Actividades de concienciación nas bibliotecas

A semana pasada estivemos de visita en dúas Bibliotecas da comarca Arousana: A Biblioteca Municipal de Cambados e a Biblioteca Municipal de O Grove.
Convidárononnos con motivo do Día da Concienciación do autismo e levamos preparadas 4 actividades.
 - Unha adaptación do conto "Los tres cerditos" feito por un neno chamado Íñigo Estévez de 12 años con TEA que está nun colexio ordinario da súa localidade xunto aos seus irmáns . As ilustracións fainas con Tuxpaint, e é increible como o manexa, logo ponlle co ARAWORD o texto con pictogramas e finalmente relátanos o conto coa súa voz. Íñigo é un crac!!
Pero este traballo serve para moitas mais cousiñas, iso si se queredes saber mais teredes que vir ás Xornadas de Por Dereito onde a profesional de BATA que o leva, pertencente á Unidade de Apoio Ambulatorio desta asociación, nos contará como aproveitan estas cualidades de Íñigo para axudalo a avanzar en varias áreas.

"Os Bolechas van ao Hospital" foi outra gran sorpresa. Este conto en lectura fácil feito e adaptado por Pepe Carreiro pertence ao novo formato dos Bolechas. Pepe aposta así pola accesibilidade á lectura para aquelas persoas que teñen dificultades para ler de forma convencional. Cuca da Silva, Presidenta de Por Dereito está encantada de colaborar na correción das adaptacións e todos estamos moi agradecidos por este gran esforzo en pro da lectura adaptada e accesible para os nosos nenos e nenas.

Tamén contamos coa colaboración da Fundación Orange e Miguel Gallardo a través da "Academia de Especialistas". Unha obra de arte que explica de forma sinxela que as persoas con autismo teñen capacidades diferentes, pero que todos eles son persoas extraordinarias e dignas de coñecer.




Para finalizar os nenos e nenas colorearon ou levaron para as súas casas unhas ilustracións de  "Los tres cerditos" con pictogramas do ARASAAC.
Foron dúas tardes inolvidables!! Grazas a todos os que as fixéchedes posibles!!

You can leave a response, or trackback from your own site.

0 Response to "Los tres cerditos, Os Bolechas van ao Hospital e Academia de Especialistas. Actividades de concienciación nas bibliotecas"

Publicar un comentario

powered by Blogger | WordPress by Newwpthemes