O paso á secundaria
Hoxe no Centro de Día Abuela Esperanza tivemos un marabilloso encontro.
Un encontro cunha nai e un pai de Lugo e unhas profesoras moi especiais. Eles viñeron de gran gusto a contarnos a súa experiencia e a de tres mozos e unha moza nun centro ordinario de educación secundaria no que está ubicada un aula específica.
O centro chámase Leiras Pulpeiro e dende fai tres cursos apostaron por esta experiencia inclusiva que queriamos coñecer de cerca.
A conclusión á que chegamos é que a inclusión, tendo en conta que é un beneficio para TODOS e TODAS, é posible incluso na secundaria.
Sería moi logo de contar pero a nosa intención é sobre todo darlle dende aquí as grazas a Ana, Nahum ( os pais) e a Lidia e a Teresa ( as profesoras) por adicarnos un sábado e poder aclararnos moitas dúbidas e sobre todo indicarnos un camiño a percorrer que é posible.
GRAZAS a eles e tamén a Otilia Vázquez ( que aínda que non estivo presente, a súa influencia percibíase no ambiente e nomeouse moitas veces ao longo do noso encontro).
Agora tócanos a nós pero coa certeza de que se a administración, un centro de secundaria, os pais e nais e o profesorado poñen todos da súa parte é posible que as cousas se fagan ben e sobre todo que os nosos fillos/as sigan estando cos seus compañeiros, co enriquecedor que isto resulta para eles e tamén para os mozos e mozas que o día de mañán serán os que vivan, gobernen e traballen nunha sociedade que seguro será mais inclusiva porque a diversidade enriquece e fainos cambiar a mentalidade a todos.
Primeiro as profesoras de pedagoxía terapéutica que levan a aula contáronos como traballan cos mozos, que actividades comparten cos demais alumnos do centro, a que clases asisten estes mozos cos demais, que adaptacións fixeron, como o centro foi cambiando dende a apertura da aula...
....Agora tócalles aos pais dos nosos mozos e mozas tomar decisións e buscar para os seus fillos a opción educativa que eles mellor consideren...
En unos años me tocará, y gracias a vosotras estaré mucho mejor informada llegado ese momento. GRACIAS!!!!!
Un saludo de una gallega en tierras asturianas =)