"O con da Illa" de Pepe Carreiro
Dende Por Dereito intentamos con moita ilusión sempre que cada vez os nosos concellos sexan mais inclusivos. A través do Proxecto de Ocio temos xa o compromiso de tres concellos para adaptar progresivamente os seus espazos a pictogramas do ARASAAC. Os concellos que están adaptando os seus espazos son: Concello de
Cambados, Concello da Illa e comezamos agora co Concello de Teo.
Pero temén comezan a abrirse novos horizontes con actividades inclusivas ao cen por cen.
Actividades próximas a realizar en inclusión:
Na Illa de Arousa o vindeiro martes temos unha cita con Pepe Carreiro e o seu conto dos Bolechas: "O con da Illa" no Auditorio Municipal. Os nosos fillos irán acompañados das terapeutas de BATA e xuntaranse con nenos e nenas deste Concello para ver e escoitar este conto adaptado a pictogramas por unha nai da asociación (grazas Mar Vieites), neste caso son pictogramas do SPC ( pois o traballo que se fai co seu fillo sempre foi con estes pictogramas). Ademais Pepe Carreiro irá ilustrando o conto en vivo e en directo para delicia de grandes e pequenos.
Os nenos acudirán a esta actividade divididos en dous grupos o dos mais pequechos ( de 3 a 6 anos) e ao dos maiores ( de 6 a 9 anos). Temos que felicitar a os pais e nais da Illa xa que son moitossssss os que inscribiron aos seus cativos nestas actividades.
Os nosos agradecementos tamén a Pepe Carreiro pois cando falamos con el aceptou rápidamente esta proposta e pareceulle magnífica. Xa vos ilustraremos con fotos o momento!!!
E un 10 para o Concello da Illa por todo o que vai facendo en pro da inclusión!!!!
Se queredes ver o conto adaptado aquí volo deixo
Paralelamente a isto imos avanzando en formación: Recentemente no Concello de Cambados a través da Omix fixemos dous obradoiros de Pictogramas do Arasaac e como usar o Araword, que foron moi ben acollidos.
Temos tamén o compromiso en firme do Concello para formar en nocións básicas de autismo e sistemas alternativos de comunicación a todo o persoal que traballa de cara ao público nesta vila. E como temos de man ás mellores formadoras (as profesionais de BATA) sabemos que será un gran avance.
O mes de abril está moi próximo e xa estamos cociñando un mes cheiño de eventos para concienciar, difundir e sobre todo para que as familias da comarca do Salnés e arredores disfruten divertíndose en inclusión.
Manterémosvos informados!!!!
0 Response to ""O con da Illa" de Pepe Carreiro"
Publicar un comentario