Pepe Carreiro no noso Proxecto de "Lecer para todos"
Onte foi un día moi especial para os nenos e nenas da Illa de Arousa e para os nosos fillos e fillas.
O Concello da Illa de Arousa animouse a que con certa periodicidade fagamos unha actividade inclusiva na Illa.
Nesta primeira ocasión aproveitamos un conto adaptado por Mar (unha nai marabillosa de Por Dereito), dos Bolechas e convidamos ao autor orixinal para que viñera a pasar a tarde con nós e nos ensinara o seu arte.
O Concello convidou aos nenos nos colexios da Illa e nós, Por Dereito, falamos con BATA para que a "Tarde mensual de xogos" dos nenos e nenas da UAM se fixera dentro desta actividade.
Primeiro chegaron o grupo dos pequenos, contámoslles o conto con pictogramas, e logo Pepe debuxou o que eles lle pediron, seguidamente os nenos colorearon debuxos dos Bolechas e Pepe autografioulles os seus debuxos e os contos dos Bolechas que eles traían.
Co grupo dos grandes fixóse simultáneamente o proxección do conto, a lectura do texto orixinal da boca de Lola Silgar e Pepe ía debuxando o que lle viña á cabeza. Logo preguntaron o que eles quixeron e pedíronlle a Pepe Carreiro que lles debuxara os seus persoaxes favoritas dos Bolechas. Finalmente os nenos e nenas convertíronse en debuxantes dos Bolechas e tamén lle pediron autógrafos ao noso artista.
Consideramos que esta acitvidade foi un éxito grazas á implicación de moitas persoas. Ben certo que temos que mellorar moitas cousas pero esa é a nosa intención. O importante é que este Concello está moi implicado en dous aspectos fundamentais: a inclusión no lecer facéndoa unha realidade e concienciándose de que a accesibilidade á información é un dereito. Así o están demostrando coa adaptación total dos seus espazos públicos á señaléctica basada nos pictogramas do ARASAAC, e agora dan un paso mais co Proxecto de lecer animándose e animándonos a deseñar novas actividades inclusivas.
Cremos que todos disfrutaron moito desta tarde tan especial, os nenos e nenas, os seus pais e nais ( algúns quedaron en segundo plano observando o ben que o pasaban os seus cativos), os que o fixemos posible e non quero dicirvos o sorriso permanente que Pepe Carreiro tiña nos seus beizos.
Déixovos unhas fotos para que vos fagades unha idea e o que os medios recolleron na prensa
Faro de Vigo
La Voz de Galicia
0 Response to "Pepe Carreiro no noso Proxecto de "Lecer para todos""
Publicar un comentario