Gala Por Dereito 2011

Xa temos a nosa nova Gala Por Dereito preparada, este ano temos novas actuacións e estamos seguros de que vos vai a encantar.
Hai actuacións para todas as idades: maxia, panxoliñas, grupo de saxofóns, humor, danza, pandereteiras...
Non sería xusto darlle a uns máis importancia que a outros pero seguro que todos coñecedes a Luis Zahera (Petróleo de Mareas Vivas), e seguro que tamén vos soa o gran Mago Marco ou o grupo de Pandereteiras de Vigo "Tangaraño" ou a "Pequeña Gran Compañía" e que dicir das colaboracións fantásticas do Conservatorio e a Escola de Música de Cambados ou da Escola de Danza Déborah...O que toda esta xentiña ten en común é que colaboran neste acto de forma desinteresada e sobre todo con moita gana e ilusión, dúas características que non abondan moito hoxe en día.
Hai tamén algunha sospresiña máis como a posta en escea cuns murais fantásticos (a cargo de Benito Iglesioas) e tamén globoflexia (a cargo de Gonzalo Fernández) para obsequiar aos peques.
Iso si, temos novamente o apoio incondicional para presentar e coidar de que todo vaia sobre rodas dos nosos colaboradores do equipo de Conexiondance.
Déixovos aquí o cartaz e o programa para que vexades todos de que estamos a falar.


Programa Gala Por Dereito. Definitivo
Grazas de todo corazón a todos os colaboradores e ao Concello de Cambados xa que sin eles isto non sería posible.
As entradas podedes xa reservalas no enderezo: asociaciónpordereito@gmail.com
indicándonos a cantidade o nome da persona que as reserva e un teléfono de contacto.

¡¡¡¡VÉMONOS O SÁBADO 17 ÁS 18.OO NO AUDITORIO DE CAMBADOS!!!

You can leave a response, or trackback from your own site.

0 Response to "Gala Por Dereito 2011"

Publicar un comentario en la entrada

powered by Blogger | WordPress by Newwpthemes