Curso "Linguaxe Pictográfico"

En Cambados durante dous sábados consecutivos tivemos un curso aberto a toda a cidadanía gracias á OMIX (Oficina de Información Xuvenil). Os contidos do curso foron básicamente:
- Os dereitos das persoas con diversidade funcional (Cuca da Silva)
- Os Trastornos do Espectro autista (Carmen Márquez)
- Introdución á linguaxe pictográfico (Natalia G. Mariño)
Os asistentes mostráronse encantados coas intervencións e quedaron con "ganas de mais", esperemos que pronto teñamos a oportunidade de continuar cunha segunda parte...
O mais positivo de todo foi a variedade de persoas que asistiron: profesoras, persoal da escola de música, estudiantes, profesionais de outras asociacións e incluso amas de casa.
Temos que agradecer dende Por Dereito unha vez mais a implicación das profesionais de BATA que deron a maior parte do curso, é todo un luxo o poder escoitalas unha vez mais e ver con que cariño e corrección falan das persoas con TEA.
Quitamos moi pouquiñas fotos pois estabamos realmente moi atentas ao que alí se dixo. Ao remate do curso o Alcalde e o Tenente alcalde viñeron a saudarnos e repartir persoalmente os diplomas do curso.



Noticia no Faro de Vigo

You can leave a response, or trackback from your own site.

0 Response to "Curso "Linguaxe Pictográfico""

Publicar un comentario

powered by Blogger | WordPress by Newwpthemes