Feira das familias en Ribadumia
A nosa Asociación segue traballando arreo polos seus obxectivos. Se queremos concienciar e dar visibilidade ao autismo debemos continuar participando nas actividades dos concellos.
Últimamente participamos na " Feira das Familias" no Concello de Ribadumia. Tivemos unha mesa informativa con folletos e regalos (libretas e portaminas) para todos os que se acercasen a falar con nós. Os regalos foron por xentileza da Fundación Orange e foron ademais moi útiles para o obradoiro de pictogramas que tiñamos para os nenos e nenas que quixeron participar. Nas libretas pegamos uns pictogramas do ARASAAC nos que deciamos:
Chámome...
Teño...anos
Gústame....
Tamén compuxemos un conto que os nenos e nenas ian coloreando e logo debían por os pictogramas que reflexaban o que cada imaxe sinificaba. Os peqeuchos non saían de onda nós e a pesar da incomodidade debido á ventolera que había alí pasaron casi 4 horas xogando e divertíndose cos pictos.
Foi unha tarde moi entretenida e non tivemos nin un momento de respiro. Tamén viñeron algúns adultos pedidndo información sobre Por Dereitoe sobreo autismo e foi realmente un pracer atendelos.
Para que vos fagades unha idea aquí vos deixamos unhas fotos
0 Response to "Feira das familias en Ribadumia"
Publicar un comentario