Nós tamen temos algo que opinar sobre o Pacto Educativo
Un grupo de persoas que mantemos contacto pola rede (mamis blogueras) estivemos rompendo a cabeza a ver como demos podiamos contestar a este dichoso Pacto que esquece aos nosos nenos.
O resultado é un blog onde podemos firmar para que teñan en conta no Pacto aos nosos fillos e tamén modelos de cartas que podemos enviar a todas as persoas que poden influir en que este acordo sufra os cambios pertinentes para que se contemple nel aos nenos con NEE. Moitas persoas que compoñen o Foro de Vida Independiente e as mamis bloqueras (e algún pai) xa enviamos as cartas e estamos obtendo respostas (de momento moi "políticamente correctas") dos diputados e senadores de Madrid.
Convídovos a que fagades o mesmo, so tedes que entrar no blog e firmar e enviar e-mails, cantos mais sexamos os que protestemos mellor, non podemos deixar pasar esta oportunidade de replicarlle ás forzas políticas.
Tamén estamos enviando comunicados de prensa, se alguén ten contactos nese eido que mo diga e lle fago chegar o comunicado de prensa.
Feliz e Guerreiro Ano compañeiros de viaxe!!!
Enderezos:
Pacto Educativo para todos
Noticia en La Voz de Galicia
Ymálaga.com
Diario Sur
El Correo Gallego.es
Faro de vigo
Grupo de Facebook
0 Response to "Nós tamen temos algo que opinar sobre o Pacto Educativo"
Publicar un comentario