Inxustiza resolta pola tesón dunha nai.
Pilar, unha das nais de Por Dereito, leva más de un mes botándolle un duro pulso á Administración Educativa. Por un pequeno erro admnistrativo pretendían mandarlle ao seu fillo, a estas alturas do curso, a un IES sen o seu consentimento e sen pensar nas gravísimas consecuencias que isto lle podería traer ao seu neno.
Finalmente todo está resolto e en breve Manuel voltará ao colexio da Lomba, hoxe Pilar durme plácidamente tras un duro mes. Realmente é de vergonza que unha nai teña que pasar por isto, pero as cousas están así.
Quero darvos a todos, os que axudáchedes a que isto se resolvera satisfactoriamente, as grazas no nome de Pilar e da Asociación Por Dereito. Menos mal que ainda queda xente cun atisbo de cordura e que se da conta de que o mais importante é o benestar dos nenos, e todo o demais con boa bontade sempre se pode arranxar.
Non nos esquecemos en ningún momento do equipo directivo do CEIP A Lomba que está pasando por un momento moi difícil e que o único crime que cometeu para estar expedientado e soñar cun modelo inclusivo avanzado e que lle ofrecía a nenos como os nosos unha resposta educativa axeitada ás súas necesidades. Cremos que cometer un erro administrativo non é motivo para expedientar a ninguén e os outros motivos teñen sempre como transfondo o tema da aula de apoio, polo que non nos parece procedente esta acción.
Temos un camiño moi duro que recorrer, e esperemos que mentres loitamos para que as cousas cambien non teñamos outra xeración de nenos con diversidad funcional perdidos pola falta de interés das distintas administracións. Sabemos que con este tipo de actuacións imos atopando xente no camiño que quere ao igual que nós que as cousas cambien e esperemos que as súas actuacións non caian en saco roto.
Enderezos ás noticias na prensa:
Faro de Vigo
La Voz de Galicia
Faro de Vigo. Compromiso do Xefe Territorial
La Voz de Galicia. Manuel volve ao seu colexio

You can leave a response, or trackback from your own site.
0 Response to "Inxustiza resolta pola tesón dunha nai."
Publicar un comentario