Erros de base...

Sei que a prensa non sempre reflexa o que queremos dicir...Pero isto non me parece nin xusto nin procedente e ademais está cheo de erros de base. Antes de seguir lede por favor estas noticias que aparecen no Faro en na Voz hoxe.

Enlaces:
Faro de Vigo
La Voz de Galicia

Como ben dicía hai moitos erros nestas noticias.
1º Bata nunca manifestou nada sobre este tema, e o seu nome aparece refrexado no titular.
2º Esto non é a opinión de Todos os profesores de Vilagarcía e de Todos os Orientadores. De feito moitos asinaron a nosa recollida de firmas para presentar na Consellería e outros moitos aínda que, non se manifesten públicamente, saben que o que estamos pedindo é algo moi necesario sobre todo se viviron nas súas carnes o ter un neno con este tipo de discapacidade na súa aula.
3ºNunca foi a nosa intención "atacar" a ningunha profesional da pública, si que lle reclamamos á Administración profesorado formado en autismo, pero non por capricho, senon pola nosa mala experiencia como pais de nenos matriculados na educación ordinaria é pública.
4º A selección dos nenos matriculados nesa aula non foi feita por nós nin por BATA senon por un funcionario público, a anterior inspectora de educación. De feito recordo cando Inspección estivo pedindo listados de nenos que quixeran entrar nesta modalidade educativa, coa conformidade dos pais, de feito o meu fillo estivo tamén nesa lista pero non era dos que mais a necesitaban nin lle correspondía por domicilio.
5º Nunca dixemos que todos os nenos desa aula son autistas, son nenos que polas súas características precisan persoas cunha formación específica en sistemas alternativos de comunicación, intervención conductual, interacción cos seus iguais, adquisición de hábitos de autonomía perosal... Non todos os nenos e nenas atendidos por Bata son autistas pero si que teñen algnha carencia nesta línea.
6ºSeguimos afirmando que o debate non se debe centrar en PÚBLICO/PRIVADO, o tema é que estes nenos precisan que por fin se lles atenda como merecen, como lles reconoce a LOE, a Constitución (art. 27) e a Convención de Dereitos de Persoas con Diversidade Funcional (discapacidade) e non estén na maioría dos casos aparcados nos colexios, isto non é INCLUSIÓN.
7º Non culpamos ao profesorado desa situación de abandono dos nenos, senon á Administración por: non formar mais profesionais cualificados en algo tan específico como este tipo de trastornos,
por non dar aos centros os apoios necesarios, por non equipar mellor aos EOE, por ter en moitos casos unha ratio moi elevada para que o titor lle poida adicar tempo a os nosos fillos...
8º A situación da aula non era ilegal, é certo que o convenio non estaba ben feito, pero se alguén ten culpa disto foi a anterior Administración que fixo un "parche" provisional con ou sin intención de logo melloralo (isto non o sabemos). Este aula creouse co visto bo do anterior Delegado de Educación, a especialista do EOE e a inspección.
9º Niguén se alporiza cando chega un profesional da ONCE a un centro a darlle apoio a un neno cego (benditos sexan esos apoios) nin cando un rapaz xordo ten un intérprete en lingua de signos nun centro educativo, pois isto é o mesmo. Vou por unha metáfora moi sinxela, cando tes un tumor cerebral non esperas que a intervención cha faga o médico de cabeceira da seguridade social.
10º Nunca acostumo a personalizar cando falo no blog de Por Dereito, pero esta vez si que o vou facer. O meu fillo non está na aula estable, está nun colexio público e ordinario en inclusión por recomendación do EOE. A verdade é que está moi ben, pero a miña implicación persoal é decisiva neste tema, pois nin a titora, nin o profesor de apoio, nin o profesor de AL, nin o Departamento de Orientación tiñan recursos para afrontar esta escolarización, non por iso digo que sexan malos profesionais, todo o contrario, estou encantada coa súa actuación, pero non poden abarcar toda esta problemática, nin a Administración lles oferta unha formación adecuada, nin os EOE lles axudan en nada. A única axuda que reciben é por parte da profesional de Bata que o atende na casa e de min, a súa nai, que se está formando a marchas forzadas para poder axudalos. Este fin de semana estou por exemplo facendo un curso de PECS es Vigo, para poder facelo levántome ás 7.00 da mañan e non regreso á casa hasta as 19.00, ademais de pagar 320 euros do meu peto para facelo. Como comprenderedes non todos os pais teñen nin a miña base nin as posibilidades económicas para isto. Eu cabréome moito cando vexo os plans de formación do profesorado pois non se contempla nada que sequera se aproxime a este tipo de formación.
11º Non sei porque esta xente ataca a BATA, mirade os propios neuropediatras da seguridade social confían no seu diagnóstico, desvían rapaces a BATA para que lle fagan o diagnóstico. Os CEFORES (Centros de Formación do Profesorado) se fan algún tipo de formación en autismo (porque o demanda un centro educativo) contratan moitas das veces a BATA... A formación desta xente, ademais de ser a mesma que a dun profesional da pública é de CONSTANTE especialización e actualización en autismo e intervención neste tipo de trastornos, viaxan por toda España facendo cursos de PECS, TEACH, etc. Por outro lado a experiencia deles é moi completa, para comezar a traballar en BATA deben estar seis meses como mínimo no centro específico de autismo, empapándose de autismo, sistemas alternativos de comunicación, intervención conductual, TEACH...Todo o horario escolar.

Non sei cantos profesores da comarca van ler isto, pero de verdade que nós non somos o inimigo nen temos a mais mínima intención de ir contra ningún profesor da pública, pero si que vos pido que antes de apoiar escritos desa índole vos informedes ben. Eu son profesora da pública, traballo a diario para que os meu alumnos avancen e progresen hasta onde poidan, son AL e teño a especialidade de orientación, creo no sistema público de ensinanza pero ten moitas cousas que mellorar. Por Dereito vai nesta línea e está integrada por pais e nais que loitan para que aos seu fillos se lles recoñezan os seus dereitos, non para deixar a ninguén en evidencia. Se non creramos nun sistema público e ordinario para os nosos nenos e nenas estariamos a buscar outras vías alternativas. Non sei que move á xente que fai este tipo de declaracións pero so lles pido unha cousa que se informen ben antes de opinar e si as súas motivacións son outras...deséxolles de todo corazón que nunca se teñan que ver na pel de pais ou avós de nenos con este tipo de discapacidade.
Un saúdo a todos e todas (estou moi cansa e mañán teño que ter a cabeciña moi clara para aprender moito).
A presidenta de Por Dereito Mª Cruz da Silva Rubio (Cuca): profesora da pública pero ante todo NAI

You can leave a response, or trackback from your own site.

1 Response to "Erros de base..."

  1. Querida Cuca e integrantes de por Dereito.
    Me tienes aplaudiendo y me sangran hasta las manos. Estoy hasta las narices: NO ES UN PROBLEMA NI POLÍTICO NI DE ATAQUE NINGÚN COLECTIVO PROFESIONAL, NI A NINGÚN PROFESIONAL. Es un problema de que la Administración pública no da una atención educativa adecuada a nuestros hijos. Y no la da por el propio modelo y la propia concepción de qué es un niño con autismo, o más bien, el propio desconocimiento de los gerifaltes de qué es un sistema aumentativo de comunicación. Y es así, nunca habrá un modelo de enseñanza adecuada, y que exprima el potencial de nuestros hijos hasta que no se comprenda que un niño con autismo necesita personal tan o más especializado que un niño ciego. Hasta que el profesor que tiene en su aula un niño con autismo entienda que ese niño tiene derecho a hacer algo más que vegetar. Que tienen capacidad para aprender, y que si no aprender es por la incapacidad del sistema educativo de organizar recursos de forma adecuada y realista para estos niños.
    ADELANTE!!!!!
    Esther Cuadrado. Orgullosa mamá de Arturo

Publicar un comentario

powered by Blogger | WordPress by Newwpthemes