Obradoiros de TADEGA por toda a xeografía galega

TADEGA ofrécenos a posibilidade de asistir a unha serie de obradoiros por toda a xeografía galega que seguro será do voso interés. Para inscribiros solo debedes ir á páxina desta asociación e cubrir o formulario:
http://tadega.net/arquivos/3792

Aquí tedes as datas, lugares, temática e ponentes de cada un deles

Febreiro 2014

Pictograma de asemblea.
  • TemáticaFerramentas para a comunicación alternativa de persoas con diversidade.
  • Cando: 22 de febreiro (sábado) en horario de 10:00 a 14:00 horas.
  • Onde: Salón de actos de Exposalnés, Paseo de la Calzada,  s/n – 36630 - Cambados, Pontevedra.
  • Prezos: 5 € para persoas socias e 10 para as non socias que se abonan o mesmo día ao retirar a documentación.
  • Notas: ao rematar, comida sinxela de confraternización a escote para quen queira participar.
  • Características: Juan J. Fdez. García (Presidente de TADEGA), Mª Cruz da Silva Rubio, (Mestra e presidenta de Por Dereito), Carmen Fernández Cacho (mestra), Mª Carmen Otero Vázquez (nai dun neno con diversidade), Susana Martínez Fieiro (nai dun neno con diversidade).

Marzo 2014

Logotipo de Pictoaplicaciones.com
  • TemáticaServizos, realidades e proxectos de Pictoaplicaciones.com
  • Cando: 15 de marzo (sábado) en horario de 10:00 a 14:00 horas.
  • Onde: Travesía de Cacheiras, 62 (Estrada de Santiago a A Estrada, Km. 5) – Teo, A Coruña.
  • Prezos: 5 € para persoas socias e 10 para as non socias que se abonan o mesmo día ao retirar a documentación.
  • Notas: ao rematar, comida sinxela de confraternización a escote para quen queira participar.
  • Características: A través de xente do GrupoPromedia.es e de Pictoaplicaciones.com faremos un percorrido amplo e completo polas aplicacións, ferramentas e servizos que ofertan dende a súa web así como tamén dos seus proxectos máis inmediatos e aínda en cociña.

Abril 2014

Logotipo de Aspronaga.
  • Temática: II Xornadas de tablets Aspronaga. As tablets na educación e na atención á diversidade.
  • Cando: Tarde do 25 (venres) e mañá do 26 (sábado) según programa.
  • Onde: Centro de Formación e Recursos (CFR) da Coruña en Rúa Pepín Rivero, 3 (Edificio UNED) da Coruña.
  • Programa e inscrición: Actividade organizada por Aspronaga e na que TADEGa participa como colaboradora. Toda a información, inscrición inclluída, está na web http://goo.gl/rJZ2Xw
  • Características: Co relatorio de Pere Marqués no ámbito do proxecto de investigación desenvolto, mesas redondas e obradoiros prácticos.

Maio 2014

Pantalla inicial da web de accegal.org
  • Temática: Proxectos e servizos ACCEGAL (Pictodroid, MesageTTS, VisualTEC, SubTitleMe, MyKeyboDroid…
  • Cando: sábado do mes de maio aínda por determinar.
  • Onde: local ubicado en Santiago de Compostela por determinar.
  • Prezos: 5 € para persoas socias e 10 para as non socias que se abonan o mesmo día ao retirar a documentación.
  • Notas: ao rematar, comida sinxela de confraternización a escote para quen queira participar.
  • Características: A cargo de Fátima Mª García Doval e o equipo de ACCEGAL.

Xuño 2014

Nena cega falando ao mundo.
  • Temática: Cea-coloquio de fin de curso: Verdades e mentiras da inclusión.
  • Cando: un venres ou sábado en sesión de tarde aínda por concretar dentro do mes de xuño.
  • Onde: Lugo en local aínda por determinar.
  • Prezos: Fixarase en breve o prezo (módico) que incluirá os gastos de documentación e prezo de cuberto da cea.
  • Características: Preténdese coa temática Verdades e mentiras da Inclusión un debate sen asperezas pero tamén sen rodeos sobre a inclusión e, por extensión, a inclusión dixital. Pretendemos ademais non quedarnos só nos lamentos, senón chegar a conslusións prácticas de cara ao futuro; sendo este acto o noso borche de fin de curso da asociación.

You can leave a response, or trackback from your own site.

0 Response to "Obradoiros de TADEGA por toda a xeografía galega"

Publicar un comentario

powered by Blogger | WordPress by Newwpthemes