E así foi o noso 4º Festival das cometas na Illa de Arousa

Ben certo que o tivemos que retrasar unha semana, pero valeu a pena.
O pasado sábado celebramos o noso 4º Festival dos papaventos na Praia do Vao. Un espectáculo de cores enchendo o ceo da Illa. Familias de A Illa, Cambados, Vigo, Redondela, Vilagarcía, Caldas, Vilanova, Porriño, Pontevedra... Viñeron de todas partes a disfrutar connosco deste marabilloso día.
Houbo tempo para todo: voar os papaventos, saudar a vellos e novos amigos, disfrutar do sol e do aire libre, compartir unha merenda e moitos moitos sorrisos e coma non reivindicar os nosos dereitos,os dereitos dos nosos fillos e fillas... Unha vez mais grazas a todos e todas por estar ao noso carón neste día tan significativo. E como non grazas ao Concello de A Illa por apoiarnos e facilitarnos que todo saise perfecto!!
Este foi o manifesto que unha nai de forma moi poética leulles a todos os que o quixeron escoitar



As fotos falan por si mesmas:


A prensa fíxose eco das nosas reivindicación e tamén nosa gana de rir e disfrutar pese a tanta inxustiza que estamos vivindo...




You can leave a response, or trackback from your own site.

0 Response to "E así foi o noso 4º Festival das cometas na Illa de Arousa"

Publicar un comentario

powered by Blogger | WordPress by Newwpthemes