Rompemos coas barreiras da comunicación na ruta de sendeirismo de Barrantes

Este verán recibimos unha curiosa chamada de teléfono. Uns mozos do Concello de Ribadumia estaban traballando nun proxecto para facer mais accesible a Ruta de Sendeirismo do Umia en Barrantes.

A súa intención inicial era convidarnos a inauguración duns códigos QR que ían por pola ruta para que calquera con un móvil de nova xeneración puidera ler eses códigos e acceder a uns audios explicativos da ruta. Nós sempre estamos dispostos a colaborar cando hai intención de facer mais accesible o entorno pero dixémoslle que ainda que a súa idea era fantástica faltaba algo...hai peroas para as que a información auditiva non significa ter acceibilidade a ela, hai persoas que precisan dunha información visual sinxela e limpa para entender o espazo no que se atopan, falamos coma non dos pictogramas do ARASAAC.
Estes mozos e mozas do grupo informal Tenoxove-Ribadumia mostráronse entusiasmados coa idea e decidimos pois colaborar con eles e buscar no portal do ARASAAC os pictogramas que precisabamos. Ao final puxeron estes que son os que mais se axustaban, quedaron pendentes os de: muiño de auga, xacemento arqueolóxico, petroglifos e merendeiro campestrepois non están ainda no banco do ARASAAC

 
Fai quince días fomos unhas cantas familias de Por Dereito á inauguración, convidados por Tecnoxove. Veu tamén á inauguración o Director Xeral de Xuventude que podemos dar fe de que se mostrou entusiamado co resultado.
Xa que estabamos nun roteiro de muiños, comezamos por escoitar a explicación de como funcionan. Logo demos un bo paseo polo roteiro, parando a ver os códigos probándoos e tamén admirando o bonitos que quedaron os pictogramas do ARASAAC. O paseo foi estupendo, e grandes e pequenos disfrutamos dun domingo distinto e divertido e en boa compañía.
Ao rematar o paseo achegámonos á Carballeira de Ribadumia, onde A Escola de Música nos deleitou cunhas preciosas pezas musicais e finalmente sentámonos a comer baixo aquela sombriña tan agradable. O día foi completo pero moi relaxante.
Temos que aqradecerlles a Tecnoxove-Ribadumia esta iniciativa. Para nós é moi importante que outros grupos e mais se son xóvenes pensen na accesibilidade á información. Esta vez foi a primeira pero esperemos que haxa moitas mais propostas deste tipo.
Grazas novamente ao ARASAAC por existir e por facilitarlles a vida aos nosos cativos. Estas foron algunhas das noticias que saíron na prensa

Algunhas das fotos da inuaguración de do paseo:
 

E a entrevista na radio que lle fixeron a un dos integrantes de Tecnoxove-Ribadumia:
 
Tecnoxove-Ribadumia desenvolveu o ano pasado outro proxecto moi interesanteconsistente en facer unha web con xogos para axilizar a mente, este foi o rsultado: http://www.beebrite.com/

You can leave a response, or trackback from your own site.

0 Response to "Rompemos coas barreiras da comunicación na ruta de sendeirismo de Barrantes"

Publicar un comentario

powered by Blogger | WordPress by Newwpthemes