Últimas novas na prensa de Por Dereito

Fai algún tempo era casi impensable que Por Dereito saira na prensa, custaba moito esforzo que alguén se fixelle eco do que estabamos facendo, incluso eventos aos que acudían centos de persoas pasaron desapercibidos para os medios...So saiamos cando os xornais axudaban a botar leña ao lume...
Pero hoxe mesmo vemos con sorpresa que aparecemos nun mesmo día en tres medios distintos e con dúas accións ben diferentes, e onte mesmo saimos tamén nun deses mesmos xornais.
En vez de contárvolo perferimos que leades a novas, teñen erros, algúns incluso inaceptables para as familias e as persoas CON AUTISMO (non "autistas"), pero o obxetivo de dar visibilidade estase conseguindo pouco a pouco e sentímonos orgullosos sobre todo polo contido que estas novas transmiten.
Abril será un mes de concienciación con moita actividade na nosa, xa non tan pequena, asociación. Seguro que encheremos moitas páxinas xa que as novas van ser abundantes e sobre todo variadas.






You can leave a response, or trackback from your own site.

0 Response to "Últimas novas na prensa de Por Dereito"

Publicar un comentario

powered by Blogger | WordPress by Newwpthemes