ABRIL AZUL, AZUL, AZUL...

Por Dereito leva tempo traballado arreo para dar visibilidade ao autismo.Dende hai uns anos vimos participando no movemento LIGHT IT UP BLUE, ilumnando a estatua da Naiciña de Asorey en Cambados.

Tamén convidamos a todos os galegos para que poñan globos azuis nas  ventanas e balcóns das súas casas e lugares de traballo. Este mesmo convite enviámolo aos colexios de toda Galicia, a institucións de todo tipo e a outras asociacións.
O ano pasado ademais pedimos que nos enviasen fotos e chegamos a recibir mais de 300 fotos de toda Galicia coas que montamos un slide


Paralelamente na Comarca do Salnés diseñamos varias actividades que podedes ver neste cartel e que son gratuitas e abertas a todo o que queira estar connosco nestas datas.
En Cambados temos 3 datas claves:
- 2 de abril: globos azuis en todos os edificios públicos, e actividades na biblioteca de Cambados con Pepe Carreiro e os seus Bolechas en lectura fácil. Ademais teremos o unha adaptación do conto de "Los Tres Cerditos" dun neno da nosa asociación debuxado por el, contado coa súa voz e adaptado a pictogramas do ARASAAC. Finalmente proxectaremos "Academia de Especialistas" de Miguel Gallardo e Fundación Orange.
- 6 de abril: ás 20.30, na Praza deAsorey baixo a mirada da Naiciña de Asorey  que xa estará iluminada de azul dende o día 1 de abril,  un mociño de Por Dereito lerá un Manifesto, que él mesmo está redactando. Logo escoitaremos o Coro da Escola de Música de Cambados, e para rematar tomaremos rosca e chocolate por xentilexa do noso concello.
-20 de abril. Gala de Maxia no Auditorio de Cambados teremos unha tarde de Maxia cos magos: Marco,Cali, Keco e Norberto e presentará o ilusionista Xulio Merino. A entrada será libre, eso sí venderemos unhas rifas para o sorteo dunha camiseta da Selección Española de Fútbol



You can leave a response, or trackback from your own site.

0 Response to "ABRIL AZUL, AZUL, AZUL..."

Publicar un comentario

powered by Blogger | WordPress by Newwpthemes