O Concello de O Grove quere romper coas barreiras cognitivas

O verán pasado fixemos unha visita ao Concello de O Grove pois querían saber en que consistía o noso "Proxecto de lecer para todos no noso concello". O noso primeiro contacto foi a través dun e-mail recibido no correo de Por Dereito e que viña da Rede de Bibliotecas do Grove, querían pictogramas para as bibliotecas. Pero antes disto recibíramos unhas preciosas fotos alá polo mes de abril, nas que a Biblioteca de O Grove tiña no seu exterior moitos globos azuis dispostos de forma moi artística, eles quixeron ser partícipes do chamamento que fixeramos para por globos azuis por toda Galicia...


O "Proxecto de lecer" está xa en marcha noutros 6 concellos: Cambados, A Illa de Arousa, Teo, Ribadumia, Vilanova, e moi recentemente entrou Valga.
Nos outros foi alguén da Xunta Directiva de Por Dereito ou algunha familia de Por Dereito as que lles propuxeron aos concellos que entraran no proxecto. No caso de O Grove foi distinto, foron eles os que o solicitaron, e isto é realmente significativo.
Tras varios meses de conversas e envío dos pictogramas do ARASAAC para a sinaléctica de varios edificios públicos, o Proxecto xa comeza a dar os seus froitos. A sinaléctica vai medrando paulatinamente, a formación en autismo e sistemas alternativos de comunicación impartida por BATA pronto será unha realidade neste concello e pouco a pouco iremos avanzando.
Queremo agradecer ao Concello de O Grove, a Laura Besada e á Rede de Bibliotecas deste municipio a súa implicación e a sensibilidade e delicadeza como están afrontando esta nova labor e queremos animalos a que sigan nesta línea. Grazas de todo corazón no nome das familias da nosa asociación e de todas aquelas que se verán beneficiadas por este paso que acabades de dar.
Enlace á fonte orixinal:  Diario de Arousa

Enlace á fonte orixinal: FarodeVigo

No Facebook da Rede de bibliotecas de O Grove a parecen xa estas fotos dos pictogramas colocadiños...


You can leave a response, or trackback from your own site.

1 Response to "O Concello de O Grove quere romper coas barreiras cognitivas"

  1. Que bien Cuca... y seguimos creciendo,... poco a poco pero llegaremos lejos....muy lejos.

Publicar un comentario

powered by Blogger | WordPress by Newwpthemes