Canción, conto e xogos con COCORICO na Illa de Arousa

Unha vez mais tivemos no acolledor concello de A Illa de Arousa unha estupenda tarde de actividades inclusivas.
Nesta ocasión comezamos cunha adaptación do conto de OQO "Cocorico".Escoitámolo da boca de Dolores Folgar,contado con todo o agarimo e arte que ela sempre nos transmite, os nenos podían lelo paralelamente cun texto abreviado en lectura fácil con pictogramas do ARASAAC e ao mesmo tempo ían escoitando onomatopeias e música que ambientaban a historia.






A segunda actividade foi a canción de "Cocorico",tamén proxectada e  acompañando á música e á letra tiñamos imaxes e os pictogramas que facilitaban a todos a comprensión e a aprendizaxe desta simpática cantiga. Os asistentes levaron para as súas casas unha copia impresa do conto cos pictogramas do ARASAAC.


A actividade que fixemos despois consistía en colorear libremente a un dos persoaxes do conto, para isto os cativos estaban tirados polo chan uns con outros pintando e compartindo espacio e conversas.

Isto todo da fame, sobre todo á hora da merenda, pero solucionámolo de maneira moi sinxela tomándonos un tempo para comer todos xuntos o que as mamis lles mandaron nas súas mochiliñas.

Chegou logo o momento dos xogos, xogos dos que todos disfrutamos moito pois tiñamos unha voluntaria con moita gana de facerse pasar polo "gato lambón". Fixemos varios xogos pero o de maior éxito foi no que o "gato lambón" subido nunha cadeira e cun sombreiro moi chamativo durmía plácidamente mentres nenos e nenas ían achegándoselle paseniñamente, incluso chegando a tocalo para ver si estaba ben durmido, ao sinal de "tres" todos xuntos pegábamos un berro dicindo "GATO LAMBÓN" e o gato levantábase de súpeto para coller prisioneiro a un neno ou nena, a única maneira de que o gato non nos pillara era meténdonos nos aros que repartiramos por todo o chan. Cantos berros de felicidade e cantas risas escoitamos durante os xogos, risas de nenos e nenas con e sen diversidade, todos igual de felices e nerviosos, nestes intres non percibías ningunha diferencia pois o único que vias eran rapaces e rapazas pasándoo en grande. O resultado foi que nin uns nin outros querían marchar e que xa preguntaban cando nos volveriamos a xuntar.
Grazas novamente ao Concello de A Illa por toda a axuda e por poñer á nosa disposición espacio, medios técnicos e humanos para levar a cabo estas actividade e por convidar ao nenos do concello a estar connosco unha vez mais.
Grazas tamén á voluntaria recén incorporada pero cremos que tras o seu doce aterraxe nestas actividades xa está "tocada" polo encanto dos nosos nenos, graciñas Iria!!
Grazas tamén ás profesionais de BATA por aceptar este convite e axudarnos a que isto sexa posible. Seguiremos pois visitando a Illa para xogar e rir todos xuntiños!! Podedes ver a noticia no Faro de Vigo

You can leave a response, or trackback from your own site.

0 Response to "Canción, conto e xogos con COCORICO na Illa de Arousa"

Publicar un comentario

powered by Blogger | WordPress by Newwpthemes