Presentación no Concello de Valga do proxecto de Por Dereito "Lecer para todos no noso concello"

O pasado venres Lucía Calvo (socia de Por Dereito e veciña de Valga), Nicol Fariña ( vicepresidenta de Por Dereito) e Cuca da Silva (presidenta de Por Dereito) estiveron no Auditorio de Valga presentando á Asociación Por Dereito e o seu Proxecto "Lecer para todos no noso concello".
Asistiu numeroso público procente de varios eidos da sociedade da comarca e a verdade é que viñemos moi contentas pola acollida que nos fixeron.
En breve neste concello comezarán coa primeira fase do proxecto consistente en ir sinalizando distintos espazos dos edificios municipais cos pictogramas cedidos xenerosamente polo ARASAAC, aos que sempre lle estaremos moi agradecidos, xa que sin eles esta parte do proxecto non se podería levar a cabo.
Deixámosvos aquí un par de fotos desa charla e un enlace á paxína do Concello de Valga onde se fan eco do evento.



http://www.valga.es/publicacions/ver.htm?publicacionId=19784

You can leave a response, or trackback from your own site.

0 Response to "Presentación no Concello de Valga do proxecto de Por Dereito "Lecer para todos no noso concello""

Publicar un comentario

powered by Blogger | WordPress by Newwpthemes