Festa do Voluntariado, Vilagarcía 2012


A nosa Asociación estará presente nesta nova edición da Festa Voluntariado en Vilagarcía, xunto a 23 asociacións e ONGs mais.
O evento celebrarase na Praza da Pescadería xa que a choiva ameaza con visitarnos ese día.
Estaremos alí cun stand informativo ao que poderedes achegarvos para coñecernos e falar con nós.
Ao longo de todo o día, dende as 10.30 hasta as 19.00 haberá ademais actuacións variadas para todas as idades e obradoiros que farán disfrutar moito aos nenos.
Temos que agradecerlle ás pandereteiras "Meigas Fora" deTangaraño, que actuarán para todos nós, e a Gonzalo Fernández, que se ocupará dos obradoiros de maquillaxe e globoflexia, a súa desinteresada colaboración.
Tamén agradecemos ao Concello de Vilagarcía o seu convite para participar nesta celebración.
Tedes aquí o díptico con toda a información.





Enlace para descargar o programa: Festa do voluntariado 2013





You can leave a response, or trackback from your own site.

0 Response to "Festa do Voluntariado, Vilagarcía 2012"

Publicar un comentario

powered by Blogger | WordPress by Newwpthemes