1º Xornada de Por Dereito: Ferramentas para a inclusión
Temos o pracer de comunicarvos que Por Dereito vai celebrar as súa primeira xornada co título "Ferramentas para a Inclusión" co apoio inestimable do Concello da Illa e a Plataforma Inclusión TEA Sí.
O obxectivo é precisamente dar a coñecer ferramentas útiles para a inclusión real e efectiva das persoas con TEA e outras diversidades en tódolos ámbitos da vida: educativo, social e laboral.
Presentaremos tres exemplos de inclusión educativa en centros ordinarios, inclusión efectiva e real, un exemplo de inclusión laboral e facilitadores da inclusión social.
Os nosos amigos do ARASAAC virán dende Aragón para falarnos do portal de educación aumentativa da súa comunidade que tanto nos está axudando a tódolos niveis e de forma tan desinteresada.
Falando de inclusión temos que dicir que queda moitísimo por facer e a Plataforma Inclusión TEA Sí e Por Dereito estarán alí para falar deste tema.
Animádevos e vide a estar con nós neste evento tan especial e tan interesante, asegurámosvos que non vos arrepentiredes.
Aquí vos deixamos o cartaz da Xornada e o tríptico
quería preguntar se dan algún tipo de xutifiación da articipación nas xornadas. grazas
Se a precisas si que a podemos facer... pero non están homologadas. Un saúdo
Gustaríame saber o horario da xornada?.graciñas
Gustaríame saber o horario da xornada?.graciñas
Ola Anita. tes todo no tríptico. O horario é de 9.30 da mañá á 9.00 da noite, con dúas horas de descanso para comer ( de 14.30 a 16.30)
si nos inscribimos y pagamos y surge algún imprevisto y no podamos asistir se devuelve el dinero.
Hola! Estamos interesadas en participar en las Xornadas "Ferramentas para a inclusión" pero nos gustaría saber en que entidad bancaria debemos hacer el ingreso. Muchas gracias!
Si nos avisas antes do 1 de maio poderiamos devolverche os cartos da inscripción, pois ainda podería outra persoa inscribirse no teu lugar. Con posterioridade a esa data sentíndoo moito non poderiamos facer a devolución.
Un saúdo
A entidade bancaria é "La Caixa".
Un saúdo
¿Cuál es la fecha límite para la inscripción?
Gracias
A data límite para inscribise é o 6 de maio!!!
Todavía quedan prazas?????
Aún queda unas pocas... Avisaremos si se llena el aforo y retiraremos el formulario de inscripción. Con todo cerramos la inscripción el próximo lunes.
Un saludo
Vaia que pena!!!
Non hai posibilidade de inscribirse hoxe?
Aínda podes inscribirte nas propias xornadas mañán a mañá!!!!