Globos azuis para concienciar sobre o autismo
Achégase un ano mais o día 2 de abril, Día da Concienciación do Autismo. Estos días o facebook ferve con propostas de como poderiamos dar visibilidade ao autismo polo menos ese día. Hai varias propostas, pero nós quedámonos coa mais sinxela. Que costa poñer un globo azul nas vosas ventanas ou balcóns? Con este simple xesto axudaremos entre todos a que polo menos este día teñamos en mente cando vexamos os globos que hai moitas persoas marabillosas neste mundo que teñen autismo e que queda moito por facer para que sexa posible a súa inclusión na sociedade ao cen por cen. ANIMÁDEVOS E UNÍDEVOS A ESTA PROPOSTA! Se queredes tamén podedes enviarnos unha foto dos globos, indicando en que concello se fixo ao noso correo: pordereitoasociacion@gmail.com, indicando no asunto "fotos globos". Grazas pola vosa colaboración!
0 Response to "Globos azuis para concienciar sobre o autismo"
Publicar un comentario