Un paso mais no avance no dereito á accesibildade á información e á comunicación alternativa e aumentativa

Por fin este pasado venres O Concello da Illa de Arousa xunto coa Asociación Por Dereito podiamos decirlle aos periodistas, a todos os cidadáns e sobre todo aos nosos fillos e fillas que cando visiten o Concello, O Auditorio, o Museo da Conserva e a Oficina de Información da Illa de Arousa teñen na súa porta e nas dependencias interiores uns preciosos pictogramas cedidos polo ARASAAC que lles permitirán saber en qué lugar se atopan e quen está detrás de cada porta.
É para nós unha gran satisfacción pero tamén un gran reto pois non podemos quedar aquí, ainda hai moito traballo que facer, moitos concellos cos que falar e moitos espacios que adaptar. Pero o feito de que xa teñamos dous concellos de Arousa en marcha danos pulos para continuar.
Estes días tamén outras asociacións doutras comunidades puxéronse en contacto con nós para preguntarnos distintos aspectos deste Proxecto e loxicamente estamos encantados de poder botarlles unha man, os comezos de calquera iniciativa deste tipo nunca é fácil pero con ganas, ilusión e con amigos como os do ARASAAC e Sergio Palao é posible.
Nós animamos a que todos os que creades neste dereito comecedes a dar pasiños nesta línea de traballo, non é costoso económicamente para os concellos (poden facelo con pegatinas plastificadas de boa calidade) e creo que todos estarán encantados de facelo se lles explicamos de maneira adecuada e completa o que isto significa e que é un dereito ineludible.
Grazas aos Concello da Illa, grazas ao equipo do ARASAAC e grazas á prensa por darlle eco (ainda que temos moito que "pulir" cos medios de comunicación).
Deixovos aquí as noticias na prensa sobre o tema:
No Faro de Vigo


Na Voz de Galicia

No Diario de Arousa

Ainda non tivemos ocasión de quitarlle fotos a todos os pictogramas pero deixovos aquí unha boa mostra



Queremos tamén compartir con vós a opinión dos "aracsacianos" sobre este proxecto:
Informática para educación especial
ARASAAC Blog

You can leave a response, or trackback from your own site.

0 Response to "Un paso mais no avance no dereito á accesibildade á información e á comunicación alternativa e aumentativa"

Publicar un comentario

powered by Blogger | WordPress by Newwpthemes