Día dos papaventos na Illa de Arousa
O sábado foi un día especial, familias de todo tipo, xentes de todos os lugares da provincia de Pontevedra, grandes, pequenos, homes, mulleres...xuntámonos na praia do Vao da Illa de Arousa para compartir unha fantástica tarde. Uns viñeron a voar o seu papaventos, outros a difrutar mirando o ceo cheiño destes artiluxios de todas as cores, tantos que cos remuiños de vento liábanse e precipitábanse ao chan entre risas de uns e caras de asombro de outros.
Foi unha actividade moi sinxela e divertida, creo que mais para os pais que para os nenos e nenas, de feito cheguei a dubidar quen eran os nenos pois a praia estaba chea de homes adultos peleando co vento para que estes graciosos artiluxios colleran pulo e se levantaran maxestuosos a voar.
Creo que case todos o pasaron francamente ben e para que mo digades vós déixovos unhas fotos que o din todo...
Pero se con esto non fora suficiente houbo algunha sorpresa adicional e inesperada. Pilar Martínez regalounos un poema escrito por María Alicia Esaín para conmemorar este día
Decímoslles ás dúas moitas grazas polo marabilloso detalle.
Pero aquí non acaba o conto pois teño que decirvos que a parte das familias de Por Dereito, case debería dicir da gran familia de Por Dereito, tiñamos alí moitos cidadáns de toda a comarca e familias que fixeron unha morea de kilómetros para poder estar con nós un par de horiñas. Gracias a Mayka (do blogue "Armando nuestro Puzzle"), a Susana (do blogue "Nico mi pequeño guerrero") e a Nieves Carrera por facer este gran esforzo. Tamén temos familias de Por Dereito que viven lonxe como Inés Casal (do blogue "Habla por mi dice Iago") e os seus nenos que sempre que poden acuden rápidamente á chamada de Por Dereito.
É certo que algúns no puieron vir e botámolos de menos pero a vida é complexa e non sempre podemos facer o que nos apetece. Outros bos amigos de Pordereito decidiron tamén acercarse e facernos compañía un ratiño. A todos eles GRAZAS de corazón.
Non podemos esquecer que o Concello da Illa tamén estivo presente e todo o mundo veu como Doña Lola (concelleira da Illa) novata nisto dos papaventos se foi convertindo nunha experta á medida que discurría a tarde. Gracias ao Concello da Illa por implicarse con nós nesta actividade e en moitas outras. A Illa é un concello con tan so 5000 habitantes pero se todos son da calidade dos seus gobernantes valen por moitos mais.
Para darlle siginificado a esta actividade unha semana antes as mamis de Por Dereito cos seus fillos e fillas estiveron decorando unhas caixas que tiñan unha mensaxe moi especial e significativa para todos nós (podedes velo nas fotos). E o noso especialista en papaventos, Gonzalo Fernández, diseñou un co noso logo que voou moi alto e con moita decisión represetándonos de forma moi axeitada.
A prensa deunos cobertura e tanto uns días antes como o domigo sacaron unha información moi completa da noticia
Este foi o segundo ano deste evento organizado por Por Dereito pero estamos segurísimos de que se fará moitos anos mais.
0 Response to "Día dos papaventos na Illa de Arousa"
Publicar un comentario