MOITAS INXUSTIZAS XUNTAS!!!!!

Non hai maneira, as cousa non cambian e se cambian é sempre para peor, cada vez menos recursos, menos apoios para os nosos cativos, os papeis din un cousa, as leis din que teñen dereito pero todos os días chegan ao facebook de Por Dereito e ao correo novos casos de nenos "aparcados" nos colexios. É terrible, é inxusto, e non podemos consentilo.
Falamos con un e cos outros, explicamos a situación a todos os partidos políticos, aos sindicatos, a todos os que nos quixeron escoitar... Apróbanse PNL de tinte inclusivo, no borrador do Decreto fálase de inclusión en tódalas súas páxinas. Pero de que vale todo isto se ao final nada se leva á realidade, é mais as cousas empeoran por momentos.
O feito de aumentarlle horas lectivas con nenos aos profes nos colexios so ten o obxectivo de recortar mais profesorado de apoio, é fácil de entender, se nun colexio de 25 profesores cada un ten que dar catro horas mais aos nenos temos 100 horas mais de atención directa aos cativos, pero non é para ter recursos a maiores, NON OH!!! a intención é quitar profesores, neste caso 100 horas son 4 profesores menos (25X4=100) claro, pero o peor es que comezan polos especialistas de Audición e Linguaxe, e si moitos estaban con pouca preparación agora o que pode suceder é que aspectos como os sistemas alternativos de comunicación os teñan que dar por exemplo un profesor de educación física.
VIVA A EXCELENCIA EDUCATIVA!!!! VIVA A INCLUSIÓN!!!
De nada vale facer alegacións, de nada vale o diálogo... de nada vale falar coa prensa que está xorda, cega e muda...
Sinto ser tan derrotista pero o camiño é ir ao xulgado con todas estas inxustizas, estamos pensando como facelo, pero creo que antes de que remate o verán teremos algún tipo de resposta contundente ante tanta inxustiza. Non decaiades, non caledes, non deixedes que fagan o que lles dea a gana cos nosos fillos e cos nosos cartos, pelexade e buscade o apoio de todos nós, somos moitos e iso asusta, sobre todo se nos organizamos ben!!!
Para exemplo de como andan as cousas un par de noticias:
A loita dunha das nais de Por Dereito polos apoios para o seu fillo, "aparcado" nun colexio:http://diariodepontevedra.galiciae.com/nova/98055.html

Por Dereito presenta as alegacións ao borrador do Decreto xunto coas FOANPAS e a Plataforma Galega Pro-Inclusión na Consellería de Educación:
http://www.farodevigo.es/portada-arousa/2011/06/30/bouza-brey-reclama-xunta-apoyos-profesorado/558977.html

You can leave a response, or trackback from your own site.

0 Response to "MOITAS INXUSTIZAS XUNTAS!!!!!"

Publicar un comentario

powered by Blogger | WordPress by Newwpthemes