O IN-TIC CHEGA A AROUSA DA MAN DA USC E POR DEREITO

O pasado venres desenvolveuse un obradoiro para aprender a manexar o IN-TIC na aula de informática nas dependencias do Centro Sociocultural A Merced, en Cambados. Estivemos alí mais dunha vintena de persoas, seguindo a explicación de dúas magníficas profesoras da Universidade da Coruña da Facultade de Ciencias da Saúde que forman parte do grupo IMEDIR.
A Fundación Orange está axudando no desenvolvemento desta aplicación, que dispón dun módulo específico para TEA ao cal os pais, nais e profesoras que asistimos ao obradoiro vémoslle moitas posibilidades de uso cos nosos fillos/as, alumnos/as: para facilitar a comunicación, como axenda, para achegarlles determinados aprendizaxes, como facilitador de acceso ao ordenador...E seguro que cando o comecemos a usar en serio atoparemos mais posibilidades.
Temos pois moito que agradecer a varias entidades que nos deron esta oportunidade: ao grupo Imedir da Universidade da Coruña, concretamente ás tres persoas que fixeron o esforzo de vir a onda nós e con moita paciencia instruirnos, á Fundación Orange por impulsar este gran proxecto e tamén ao Concello de Cambados por cedernos por unhas horas este aula.
Déixovos aquí as noticias de prensa e unhas fotos da actividade.
Noticia na Voz de Galicia:
http://www.lavozdegalicia.es/arousa/2011/06/16/0003_201106A16C5993.htm

No Diario de Arousa


Enlaces:
http://www.proyectosfundacionorange.es/intic/
http://fundacionorange.es/

You can leave a response, or trackback from your own site.

0 Response to "O IN-TIC CHEGA A AROUSA DA MAN DA USC E POR DEREITO"

Publicar un comentario

powered by Blogger | WordPress by Newwpthemes