GRAN RETO RUNNIG POR DEREITO 2011

Por Dereito non para, ainda estamos recuperándonos de todo o que fixemos no mes de abril e maio pero hai que seguir concienciando e dando visibilidade.
O vindeiro mes novo superevento, nada mais e nada menos que un "running" de 24 horas para o que temos a dous ultrafondistas que queren botarnos unha mas: Antonio Madriñán e Demetrio Álvarez.
Toda a maquinaria está en marcha, hai moito por facer pero como hai moi boa vontade por parte de todos imos avanzando con celeridade, faremos incluso unha rifa de obxectos de deportistas e grupos musicais famosos e as respostas van chegando: Real Madrid Club de Fútbol, Selección Española de Fútbol, Celta de Vigo, Depor..
A verdade é que organizar isto da moito traballo pero da gusto ver como todo vai solucionándose.
Se queredes seguir o evento, temos xa un blogue con toda a información:
http://retopordereito2011.blogspot.com/

You can leave a response, or trackback from your own site.

0 Response to "GRAN RETO RUNNIG POR DEREITO 2011"

Publicar un comentario

powered by Blogger | WordPress by Newwpthemes