Un pequeno adianto para "O mes da Concienciación do Autismo no Salnés"
Xa vos comentei que na Illa de Arousa a biblioteca está facendo unha serie de actividades con nenos de tódalas idades para que coñezan mais de cerca a importancia dos apoios visuais e que as persoas con TEA teñen moitas capacidades...
Hoxe toca falar do meu pobo, Cambados. Por tercer ano consecutivo este concello implícase na labor da concienciación.
Comezamos participando na campaña de Autism Speaks "Ligth it up blue". No noso caso imos iluminar a reproducción da estatua de Asorey "A Naiciña", este é o ano de Asorey e ao concello e a nós parécenos unha moi boa idea, ademais esta escultura representa a unha nai co seu fillo nos brazos. A iluminación en azul será a noite do día 1 para o 2 de abril.
O propio día da Concienciación do Autismo, o día 2 de abril, na biblioteca de Cambados, dúas nais de Por Dereito falaremos da importancia dos pictogramas para os nosos nenos/as, falaremos da nosa visión positiva do autismo e acompañaremos isto con tres elementos:
- O corto "A viaxe de María" de Miguel Gallardo e a Fundación Orange.
- O conto de Tadega adaptado a pictogramas: "Xandre o elefante sen sombra"
- E un dos vídeos de Maite de "Hasta la luna ida y vuelta", é posible que saquemos á luz o deste ano que xa está preparando con moita ilusión e no que tamén imos participar (como todos os anos, faltaría mais).
CARTELDIADOAUTISMO2011(2)
Estamos tamén a falar con outras bibliotecas para facer actividades similares as que se van realizar en Cambados pero precisamos un pouco de tempo ainda antes de contarvos nada.
Para rematar o mes e como algo mais festivo pero igual de lúdico temos reservado O Parque de Torrado, en Cambados, o día 30 de abril para que grandes e pequenos nos divirtamos xuntos xogando, escoitando e disfrutando do que seguro que será unha tarde inolvidable. Este ano introduciremos novidades na nosa festa pero tedes que esperar uns días antes de que desvelemos todo o contido da festa.
Como colofón de todo isto estamos moi contentos ao ver a resposta de varios concellos do Val que están facendo o posible por adaptar os seus espacios lúdicos e públicos a pictogramas, de momento son 9 espazos diferentes de 3 concellos pero seguro que pronto serán mais. A pena é que como están moi próximas as eleccións municipais temos a todos os concellos bastante ocupados pero de seguro que pronto comenzarán a lucir os seus preciosos pictogramas que lles estamos enviando coa colaboración inestimable do ARASAAC.
0 Response to "Un pequeno adianto para "O mes da Concienciación do Autismo no Salnés""
Publicar un comentario