1º Obradoiro para Familias: O correo electrónico
O vindeiro 18 de marzo, Por Dereito coa inestimable colaboración da Asociación BATA pon en marcha un novo proxecto, os obradoiros para as familias.
Trátase de que de forma práctica os pais e nais do entorno de BATA e os sociados de Por Dereito poidan aprender o uso de ferramentas moi útiles baseadas nas novas tecnoloxías.
Comezamos con unha das mais básicas pero moi eficaz para cantidade de cousas, o correo electrónico. Temos previstos xa uns cantos mais pero non queremos adiantar acontecementos.
Os interesados so teñen que inscribirse enviando un correo electrónico a:
asociacionpordereito@gmail.com
Ou chamando ao teléfono (so atendemos pola tarde):
679728094
Farémolo con Centro de Día de BATA, "A ABUELA ESPERANZA", comenzaremos ás 18.00 e temos previsto rematar ás 20.30 do día 18 de marzo.
Os socios de Por Dereito poderán vir de balde e os demais so teñen que pagar 10 euros.
Recoméndase que cada quen traia o seu portátil ainda que non é imprescindible.
¡ANIMÁDEVOS, ALÍ VOS ESPERAMOS!
0 Response to "1º Obradoiro para Familias: O correo electrónico"
Publicar un comentario