NACE A PLATAFORMA GALEGA PRO INCLUSIÓN
Ante as constantes noticias na prensa da nova apertura de CEE (centros específicos) e as declaraciónss de algúns políticos da nosa comunidade que entenden que a creación de mais prazas nos colexios especícicos é a forma de potenciar a INCLUSIÓN.
Ante a falta de recursos humanos e a falta de medidas para que a inclusión dos nenos con trastornos do espectro autista, trastornos xeralizados do desarrollo, trastornos da comunicación e trastornos da conducta sea efectiva e real.
Ante a falta dun plan serio de formación do profesorado en sistemas alternativos de comunicación e intervención nestos trastornos.
Ante os recortes constantes aos que se están sometendo os proxectos de inclusión no mundo laboral para estas persoas.
Ante a falta dunha atención temperá para estos nenos.
Ante a falta dun plan integral de atención para este sector tan numeroso da poboación.
Ante a falta de adecuación da lexislación á Convención dos Dereitos Humanos e o non cumplimento de leis de rango superior nas accións dos nosos políticos.
Ante a cantidade de chamadas e correos de persoas pedindo auxilio por situacións desesperadas, ante as lágrimas de moitas nais, ante o sufimento innecesario de moitos nenos/as.
Ante miles de cousas que é moi difícil de enumerar, unhas nais galegas apoiadas por moitas persoas e algunhas asociacións decidimos que é o momento de crear unha Plataforma que defenda e loite polos dereitos dos nosos fillos/as e das persoas que sofren estas inxustizas.
O día 28 de decembro de 2010 naceu a Plataforma galega pro inclusión das persoas con TEA, TGD, TC y TEL.
Todo aquel que esté de acordo cos nosos principios e que queira unirse será benvido.
A unión fai a forza. XUNTOS PO-DE-MOS
Cuca da Silva, Esrher Cuadrado e Inés Casal
Se queres coñecer a nova plataforma este é o seu enderezo:
http://plataformagallegainclusion.blogspot.com/
En Facebook:
http://www.facebook.com/home.php#!/profile.php?id=100000873629138
Noticias na Prensa:
Faro de Vigo. edición Arousa
0 Response to "NACE A PLATAFORMA GALEGA PRO INCLUSIÓN"
Publicar un comentario