II Congreso TADEGA, Ourense 2011


“Prácticas dixitais na atención á diversidade”
Auditorio Municipal, 11 e 12 de febreiro de 2011
Contidos de traballo

* SAAC. Iniciativas de valor engadido.
* Traducións ao galego de ferramentas de comunicación.
* Dispositivos móbiles para a comunicación.
* Ferramentas dixitais para familias de persoas con diversidade funcional.
* Educación Emocional.
* Ferramentas no risco infantil de exclusión social.
* Ferramentas dixitais para a creación de recursos didácticos.
* Tecnoloxías dixitais de baixo custe e/ou de elaboración propia.
* A comunicación como recurso.

Características técnicas (datos provisionais)

* Organiza: TADEGa (Tecnoloxías de Atención á Diversidade na Educación Galega). Asociación sen ánimo de lucro fundada en 2007 (Rexistro central de asociacións Nº 2008/011546-1 SC) e integrada fundamentalmente por profesionais da educación, persoas con diversidade funcional e familias.
* Colaboran:
o Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, Xunta de Galicia.
o Concello de Ourense.
o Fundación Orange.
o Asociación Divertic.
o BJ Adaptaciones.
o Smart Technologies.
* Certificación oficial: a cargo da Consellería de Educación (12 horas).
* Referencias: Sírvase como posible referencia, ademais da web de TADEGa (www.tadega.net) as conclusións do seu I Congreso celebrado nas instalacións do MUPEGA en Santiago de Compostela: tadega.net/Bitacora/?p=466
* Lugar:
o Auditorio Municipal de Ourense.
o Recepción oficial do Congreso no Salón de Plenos do Concello de Ourense.
o Cea festexo nun restaurante da zona.
* Duración: de venres pola tarde a sábado pola tarde (11 e 12 de febreiro de 2011) cunha duración oficial acreditada de 12 horas.
* Estilo: trátase dun congreso con personalidade propia xa que se prima especialmente un carácter sumamente práctico así esixido polas persoas usuarias dos diversos servizos que presta esta asociación, no que as grandes relatorios se substitúen por obradoiros paralelos nos que cada persoa inscrita busca os contidos máis axeitados ao seu perfil e intereses.
* Información adicional: na nosa web www.encontros.tadega.net

Áreas de traballo

O II Congreso TADEGa Ourense 2011, desenvolve as seguintes áreas temáticas consideradas neste momento como de alto interese:

* As ferramentas dixitais ao servizo e atención do alumnado con NEAE (Necesidades Educativas de Apoio Específico).
* Achegamento a outras situacións que requiren atención educativa (multiculturalidade, o mundo da persoa maior, mundo rural, persoas en risco social, etc.)
* Recursos dixitais para traballar Sistemas Alternativos e Aumentativos da Comunicación.
* A vertebración de contidos, servizos e ferramentas dixitais na pedagoxía dunha inclusión efectiva.
* Achegamento á iniciativa do empresariado galego recoñecida pola súa accesibilidade.
Toda a información en:
http://encontros.tadega.net/

You can leave a response, or trackback from your own site.

0 Response to "II Congreso TADEGA, Ourense 2011"

Publicar un comentario

powered by Blogger | WordPress by Newwpthemes