Proxecto sala de estimulación sensorial
A Asociación Pordereito acaba de presentar un proxecto para intentar conseguir una sala de estimulación sensorial baixo o concepto de Snoezelen" para a zona do Salnés.
O concepto Snoezelen refírese a un entorno interactivo onde aparecen múltiples estímulos para os sentidos do tacto, vista, oído e incluso olfato. A principal intención dunha terapia como esta é establecer comunicación verbal ou non verbal coa terapeuta. Mediante estímulos moi placenteros para o noso organismo os sentidos ábrense ao entorno.
Esta terapia está importada de Holanda e estase a aplicar con persoas con discapacidade psíquica e ou social.
A idea é crear nun espacio físico interno, un lugar onde se instalan un proxector de imaxes moi coloridas, acompañándoas de sons moi doces e suaves. Colócanse tamén neste espacio estímulos visuais con luces de cores tenues, un panel de texturas agradables ao tacto e outro de aromas. Imaxinade que vedes uns tubos cheos de auga con busbullas de cores, imaxinade un panel que ao tocalo ou apreciar a nosa voz vai cambiando de cor.Nunha sala snoezelen non pode faltar tampouco unha cama de auga onde tumbarse e deixar que a nosa mente se libere. Unha sala de este tipo é como un despertar dos sentidos é entrar nun mundo máxico que nos calma e relaxa.
0 Response to "Proxecto sala de estimulación sensorial"
Publicar un comentario