E seguimos con represalias...

Noticias actualizadas:
La Voz de Galicia

É moi triste pero por desgracia este país noso funciona, polo menos a Consellería de Educación, da seguinte forma: se non estás conmigo estás contra min.
Agora a noticia é que o director do colexio público A Lomba está expedientado. Os motivos según o informe de inspección son moi variados, pero case todos teñen como transfondo a aula de apoio que o curso pasado funcionou alí.
A aula foi creada gracias á insitencia duns pais, á colaboración de BATA, ó visto bo do anterior Delegado de educación, a inspectora de zona e a especialista en TEA do Equipo Específico. O claustro de profesores do colexio apoiaron o proxecto e o director firmou o convenio co respaldo das autoridades competentes naquel intre. Este é o delito que cometeu este gran home, mellor dito esa firma e o crer nun modelo educativo que lles daba unha resposta educativa adecuada ás necesidades de 5 alumnos con TXD.
Parece ser que a nova Administración non permite que ninguén lle levante os ollos e cando isto sucede o único medio que ten para calar aos insumisos é expedientalos ou facer que se boten a tremer porque envian aos seus nenos a onde eles o consideren adecuado, sen ter en conta a opinión dos pais e sobre todo os dereitos do neno.
Levamos un tempo seguindo este tema moi de cerca e estabamos evitando o confrontamento, de feito non queremos discutir con ninguén, pero si que lle debemos todo o noso apoio a este director que nada contra corriente e que atopa con todo tipo de obstáculos, so por defender uns ideais inclusivos. Para a Administración é un insurxente para nós é un valente que merece todo o noso respecto.
Noticias na prensa:
Faro de Vigo
La Voz de Galicia

You can leave a response, or trackback from your own site.

2 Response to "E seguimos con represalias..."

  1. Claro que es un insurgente, y un cabeza de turco, así no se les mueve nadie...no vaya a ser...Eso si educación para algunos y que cueste poco...

    Necesitamos profesionales como Francisco Cernadas.

    Que crean en los niños con autismo, que crean en sus capacidades, no en sus dis-capacidades, y en que existen medios, y modos de comunicarse y de aprender.

    Que se comporten con integridad y valentía y anteponiendo el interés de los niños.

    Mi opinión personal es que esa integridad moral y profesionalidad no se puede afirmar de muchos de los agentes intervinientes en el conflicto suscitado por la peligrosa aula estable de atención a niños con autismo de A Lomba.
    Sobre todo de los que sin ser intervinientes directos en el proceso, hicieron todo lo posible por meterse, sacar la cabeza y salir en "la foto" y en ningún momento pensaron en que en el partido de ping-pong que estaban jugando no se jugaba con pelotas de ping-pong sino con niños y familias.
    Mi solidaridad y admiración con Francisco Cernadas.
    Esther.

Publicar un comentario

powered by Blogger | WordPress by Newwpthemes