Pronunciamento da CIG
Fonte: La Voz de Galicia
Autor: Duarte Correa Piñeiro Xabier Rodríguez Paz
Fecha de publicación: 17/10/2009
A dicir verdade, este sindicato, durante todo este tempo, estivo realizando un seguimento pormenorizado do tema, tomando como premisa a discreción. Unha discreción que nos parece imprescindíbel cando se trata de movernos nun mundo tan delicado como é o da atención a cativos con necesidades educativas especiais.
Dentro desa discreción á que nos referimos fómonos entrevistando con todas e cada unha das partes afectadas: Administración, Asociación Por Dereito, Fundación Autismo BATA e, como non podía ser menos, co equipo directivo e profesorado do CEIP A Lomba; así como cos colectivos de docentes que se opuñan á xestión desa aula por unha entidade privada, mesmo que esta se declare non lucrativa e teña un recoñecido prestixio no eido do autismo.
Tendo como temos unha idea clara da defensa do ensino público de calidade, tería sido unha insensatez boicotear co curso comezado o desenvolvemento da devandita aula, dado que ademais a Administración comprometeuse coa CIG-ENSINO en Outubro de 2008 a que aquela se mantería con profesorado do ensino público a partir do curso no que agora estamos. Mesmo así, deixámoslles claro a todas as partes que nos parecía un erro ese modelo de xestión privada, marcado pola falta de transparencia e de cobertura legal, e ofrecémonos a suxerir outras vías de colaboración, que poderían pasar por que BATA intensificase a impartición de cursos a través dos CEFORE, a aporte de recursos pedagóxicos ou unha colaboración máis estreita e coordinada entre esa entidade e centros de ensino que acollían ao alumnado autista.
No presente curso escolar a Administración educativa decidiu, correctamente para nós, dotar esa aula de persoal do sistema público de ensino, persoal que está totalmente capacitado, con coñecementos e experiencia para atender ás necesidades específicas da aula, respondendo así ao posicionamento do claustro de profesorado do CEIP A Lomba de mantemento da aula estábel pero atendida por persoal capacitado do ensino público. Este persoal compóñeno unha docente perfectamente cualificada e un coidador que é, ademais, titulado en Maxisterio pola especialidade de Pedagoxía Terapeútica, habendo outros dous coidadores que colaboran nos períodos de recreo e de comedor.
Tendo en conta o preocupante camiño que está tomando este tema non podemos permitir que se estean a sementar dúbidas sobre a profesionalidade e competencia da profesora encargada da aula. É, por tanto, que non entendemos a ambigüidade das recentes manifestacións da ANPA.
Diante disto nós preguntámonos por que agora se airean dúbidas sobre a idoneidade da profesora encargada da aula e, pola contra, nunca se cuestionou a experiencia de quen o facían no pasado curso. Mesmo, e nisto debemos facer fincapé, cando ela se ten comprometido a seguir a liña metodolóxica aplicada anteriormente co fin de que o alumnado non sufra cambios.
Consideramos acertada a medida cautelar adoptada pola Inspección de suspender temporalmente as entrevistas entre pais e docente dado que nos primeiros días de curso esta veuse realmente acosada nalgúns momentos, e que calquera información da evolución do alumnado sexa a través dos seus titores.
Diante desta situación gustaríanos, que por parte da dirección do centro se defendese publicamente o labor que están a realizar todos e cada un dos profesionais que nel desenvolven o seu labor docente ou asistencial, en especial esta compañeira.
Solicitamos que dunha vez por todas remate este conflito artificial, conflito que tivo como responsábel a actuación á lixeira, supoñemos que non mal intencionada, da anterior Consellería de Educación, que no seu momento, e diante dunha necesidade de dar un servizo educativo, non foi quen de proceder a unha análise axeitada da situación.
Para rematar, e recoñecendo o meritorio e prestixioso labor que realizan as entidades privadas de atención a persoas con necesidades educativas especiais, entre as que destaca BATA, queremos sinalar que é un erro querer desviar a atención falando de supostos corporativismos ou posicionamentos anticuados; dado que só un servizo público, a pesar das súas imperfeccións, é quen pode garantir a universalización da atención a toda a sociedade, sen ter en conta a súa capacidade económica nin a súa ubicación xeográfica.
Quédanos moi clariño que tampouco a CIG entendeu nada do que, no seu momento, falamos con eles. Os nenos como sempre ocupan o último lugar en toda esta guerra... Que mágoa, eles só teñen como defensores aos seus pais, uns pais que están a sufrir uns ataques constantes por todas as partes e que cando teñen o apoio de outros pais provoca reaccións de este tipo.
Ninguén dubida da profesionalidade desta mestra, ainda que todos vos empeñades en reiteralo. Ninguén dubida que teña as mellores intencións do mundo. Ninguén dubida que esta situación llo faga pasar mal...
Pero alguén se preocupa do mal que o están pasando os pais dos nenos ao ver que o horario de apoio aos seus nenos está mermado, que a continuidade do traballo do curso pasado se vexa tirado polo chan, e non porque a profesora non sexa capaz, senon porque é imposible que haxa continuidade pois nin fala cos pais nin coas profesionais de BATA. Alguén se preocupa de que estes pais sexan tratados de "acosadores" inxustamente, ¡maldita sexa! son pais preocupados que están sufrindo pola incompetencia desta e da anterior administración educativa. Agora non so somos tratados como terroristas na Consellería senon tamén fora dela.
Mirade todos seguides a opinar sen falar cos principais interesados, cos que sufren as consecuencias reais e a longo prazo de todo isto. O ano pasado ninguén cuestionou o traballo das profesionais de BATA porque foi impecable. Ademais isto non foi certo, a Inspección cuestiomou o seu traballo sen darlles ningunha oportunidade para explicar o que eles non entendían. Os nenos progresaron moito en tódolos aspectos e iso é o que conta para nós.
Seguimos afirmándonos en que o modelo da aula estable era o idóneo como transición mentres non se formase ao profesorado, e se tomase ese modelo como exemplo a seguir (con profesionais da pública formados).
Agora temos unha aula específica (non unha aula estable ou de apoyo) e sin dubidar da profesora, a situación é moi distinta e explico por que:
- As horas de apoio son menos en tódolos casos. O ano pasado eran dúas profesoras.
- Os apoios fanse na aula específica, o curso pasado a maioría dos apoios dábanse dentro da aula (iso é a inclusión entre outras cousas).
- As dúas profesoras de BATA estaban formadas en autismo, os coidadores (no modelo educativo da Xunta) non teñen esta formación. Igualmente celebramos que sexa unha persoa con maxisterio pola especialidade de PT, ainda que aos pais nada se lles dixo disto.
-A estabilidade do profesorado. Este curso esta profesora da aula específica está en Comisión de Servizos obrigada pola Inspección, o próximo curso Dios dirá quen levará a aula. Pasará como en moitas outras aulas específicas de Galicia que cada ano hai un profesor novo.
-Coordinación. Este ano o colexio vai por un lado e os profesionais de BATA e os pais polo outro. A Inspección non quere que a coordinación se faga e non quere dar explicacións.
-A intervención nos recreos non se da nin en ningún outro sitio que non sexa na aula específica. Non se atende cousas tan importantes como o aprendizaxe no control de esfínteres, ou autonomía so se traballa o currículo académico.
CREO QUE DEIXO BEN CLARIÑO AS DIFERENZAS.
O triste de todo isto é que os nenos están retrocedendo e os pais están sufrindo pero isto a ninguén lle importa. A min si, pois facilmente me podo por na súa pel e da ganas non so de manifestarse diante da Xunta, como fixemos, senon diante de todos aqueles que non entendedes nada de nada...
Tamén é triste que mentres profesores e os pais nos enfrentamos a Administración segue sen facer nada polos nenos con necesidades educativas especiais e que cada vez os recursos para eles sexan menos. Isto si que é unha bandeira que de momento non vexo no tellado de ningún dos que están nesta guerra.
Os primeiros interesados en rematar esta guerra no colexio son os pais pero son tratados como delicuentes con "orde de alonxamento".
Poño pois nas mans dos quen tanto protestan que deixen de botar leña á fogueira e comencen a colaborar con solucións, se tanto lles preocupa todo isto que comencen a buscar saidas a esta incómoda situación para todos.
A Presidenta de Por Dereito, Mª Cruz da Silva Rubio
Enderezo:
La Voz de Galicia
“Consideramos acertada a medida cautelar adoptada pola Inspección de suspender temporalmente as entrevistas entre pais e docente dado que nos primeiros días de curso esta veuse realmente acosada nalgúns momentos, e que calquera información da evolución do alumnado sexa a través dos seus titores”
Esto es un insulto y una falta de respeto total y absoluta de CIG ensino y de los dos firmantes hacia los padres de estos niños. CIG ensino esta acusando a estos padres de acosadores, maltratadores y apoya una orden de alejamiento total y absoluto hacia ellos. Repito, es un insulto y una calumnia ante la que yo creo que ningún padre puede/podemos quedarnos callados o de brazos cruzados. Quienes se creen que son estos dos?. ¿Estos nunca se han quejado en un restaurante porque les tardan en servir la comida? ¿si se quejan, están acosando o maltratando al camarero?
Si…ya se cual es la diferencia…ellos son Clientes y pueden quejarse…los padres son Contribuyentes..y hala…a tragar…
Yo soy Cliente de la administración, y si un trabajador de la administración no es capaz de convivir con la presión de un cliente exigiendo…pues a dedicarse a otra cosita…
Repito, considero que si nos quedamos callados o quietos ante estos insultos a los padres por parte de CIG Ensino, tendremos lo que nos merecemos.
Cuca, un 10 para tu exposición!
Jorge Rey Mato.
Esto me da asco, es que ya me dan hasta arcadas!! ¿alguno de los que tanto hablan piensan en los niños y en sus familias??????.
"Consideramos acertada a medida cautelar adoptada pola Inspección de suspender temporalmente as entrevistas entre pais e docente dado que nos primeiros días de curso esta veuse realmente acosada". Estamos en un estado de derecho. El acoso se denuncia en los juzgados, además los "expertos" que tanto se pronuncian sobre este tema, que tanto lo politizan y lo usan para colocarse medallitas...a esos expertos les insto a pedir la intervención de fiscalia de menores. Dado que los padres de estos menores son unos delicuentes, los niños están en riesgo de exclusión social, y debe intervenir fiscalía. Ya es lo que les falta por hacer para terminar de cubrirse de gloria!!
VERGONZOSO
Esther e Jorge graciñas polos comentarios pero acougade a vía do diálogo sempre debe quedar aberta, estou disposta a chegar ao fondo deste tema ainda que teña que falar co mesmo Belcebú, a verdade é que xa non entendo nadiña de nada. Bicos aos dous.
Cuca
Que no Cuca, que para Belcebu también tenéis orden de alejamiento...
Acougarei, Cuca, pero (ahora mas tranquilo) es muy grave esta acusación. Tu ya me conoces, y respeto profundamente la mayor parte de este pronunciamento de CIG. No lo comparto pero lo respeto. Pero la han cagado con ese párrafo. Los 5 padres y madres de esos niños jamás han acosado ni maltratado a nadie, y no pueden salir estos dos ha soltar eso y quedarse tan anchos, por mucho corporativismo sindical que exista entre ellos. Eso fue una sobrada. Confio en que sacarán otro comunicado pidiendo disculpas por haber apoyado eso y sobre todo porque si les han dado esa información, no la han cotejado con los padres para escuchar su versión, por esto no es un error hablar de CORPORATIVISMO. Si no se disculpan yo intentaré por todos los medios salir en la prensa y defender a estos padres ante la opinión publica. Por lo menos que coexistan las dos versiones. Y si quieren saber lo que es la presión y la tensión, que vengan a nuestros lugares de trabajo y que traten con nuestros clientes, por desgracia nuestros jefes nunca van a dictar ordenes de alejamiento para protegernos. Por cierto, ¿donde estaban estos cuando la inspección interrogó y de muy malas maneras a las dos profesoras de Bata el año pasado?...en fin...tranquilidad...Cuca, espero que non teñas que chegar a falar con Belcebú..Creo que ese e o único que nos apoya, porque co malvados que somos..je..je..
Muy bien contestado Cuca, en fin, mis palabras poca validez tendrán para personas que no se molestan en pensar en lo mejor para los chiquitos, pero mis fuerzas, ganas y creencias me empujan a seguir apoyando a los padres en la búsqueda de soluciones que respeten y defiendan los derechos de los niños, porque yo si veo retrocesos y los hermanos de los niños cuentan preocupados las diferencias que ven en los recreos, el comedor...si se empeñan en querer ver que todo está igual o mejor ellos mismos, pero la realidad no es esa. Un besiño y felicidades por no morderte la lengua!
Rut Cores
Tranquiliños todos. Dicía miña avoa que non hai mal que cen anos dure, esperemos que isto remate pronto, que entre todos consigamos facer entrar en razón aos de arriba e sobre todo que os nenos comecen a ter unha educación de calidade cuns pais e mestres camiñando xuntos nesta labor...
Cuca
"los hermanos de los niños cuentan preocupados las diferencias" Ruth por dios!!!! pon presuntamente, a ver si los hermanos van a ser también acosadores...