Fixémonos escoitar na Consellería de Educación!!!

Hoxe conseguimos que na Consellería nos escoitasen... Á forza de berros hasta o Presidente Feijoó non lle quedou outra que escoitar o noso desacordo pola decisión tomada de retirar aos profesionais de BATA do Ceip A Lomba. Mentres os pais, profesionais de BATA e algúns simpatizantes esperaban fora, a unha distancia de seguridade (pois incluso avisaron á policia nacional, ¡deberon vernos cara de terroristas!) unha nai, un pai e a presidenta de Por Dereito esperabamos dentro da Consellería unha resposta. Logo dunha boa espera e coa presión da xente que nos estaba esperando fora fomos recibidos polo Secretario Xeral de educación cunha actitude fría e cortante e cun discurso único: "nos colexios públicos teñen que estar profesionais públicos, estes nenos van a estar ben atendidos por un profesional da pública perfectamente formado". Non había mais argumentos este era o seu discurso unha e outra vez. Cada quen que interprete pero a min non me cadra que o PP defenda o público ¿verdade? Gracias a esta visita á Consellería conseguimos varias cousas: - Que alguen levantase o teléfono e que media hora despois da nosa saida da reunión nomeasen un funcionario para ocuparse destes nenos, cousa que non fixeran de momento. Non estamos de acordo con esta medida pero polo menos que o xoves cando os nenos cheguen á escola teñan unha mestra de apoio é imprescindible polo ben dos cativos. - Facernos escoitar. Por casualidade había un acto do Presidente no exterior do edificio da Xunta (sintoó de corazón por estropearlles o acto aos cooperantes e voluntarios...) co cal puido escoitar os nosos berros de protesta. Por outro lado a prensa en canto rematou o acto foi correndo para entrevistar aos compañeiros o que nos asegura repercusión mediática. - Ter cada vez mais conciencia de que a unión fai a forza e sentirnos apoiados uns polos outros tanto nas risas como nos choros (e hoxe houbo das dúas cousas, eu incluida). - Coñecer a actitude e os argumentos qu emprega esta nova Consellería, é sempre moi importante coñecer as armas (dialécticas) do contrincante, para ter á man os argumentos para rebatilas (nós non somos políticos nin pretendemos selo polo que n0s custa moito ter que entrar nestas batallas dialécticas).









Grazas a todos os que nos acompañáchedes hoxe á Consellería, grazas tamén a aqueles que vos manifestáchedes ao noso favor a través de e-mail e/ou Fax ( que sei que foron moitos pois recibín copia e mensaxe de bastantes de vós) saturando os faxes e os correos da Consellería, e grazas a todos aqueles que moralmente nos apoiades. Xa temos 5000 firmas en papel e imos a polas 15.000!!!

Aquí tedes algunhas novas de hoxe na televisión e na prensa:
ABC.es

Mirade entre os minutos 8 e 9...



You can leave a response, or trackback from your own site.

1 Response to "Fixémonos escoitar na Consellería de Educación!!!"

  1. para ser sincera, se me ha puesto todo el vello de punta, y me ha subido un escalofrío por la espalda....¡qué tengamos que estar así!! ¡qué vergüenza!!

Publicar un comentario

powered by Blogger | WordPress by Newwpthemes