Mas noticias na prensa
No XORNAL DE GALICIA.COM acabo de atopar esta noticia sobre a festa que celebramos en Vilagarcía:
A Concellería e a asociación Por Dereito celebran o Día Internacional do Autismo cunha festa infantil
Xornal de Galicia Jueves, 02 Abril, 2009 - 08:39
Co gallo da conmemoración do Día Internacional do Autismo, o 2 de abril, a Concellería de Educación e a asociación Por Dereito organizan unha gran festa infantil aberta á participación de tódolos nenos e nenas do municipio que se celebrará o sábado, 4 de abril pola tarde, na explanada do Auditorio. Inchables, música, obradoiros, atraccións e regalos serán algúns dos ingredientes da festa que ten como obxectivo a inclusión social dos rapaces que padecen autismo.
Na Festa de Concienciación do Autismo participarán nenos e nenas que padecen este trastorno do comportamento, os seus pais e todos aqueles nenos e maiores que desexen compartir con eles uns momentos de ledicia. Deste xeito, a asociación Por Dereito pretende que a sociedade coñeza o que é o autismo e os sistemas de comunicación que utilizan as persoas que a padecen, de xeito que saiban como interrelacionarse con eles e así facilitar a súa inclusión na sociedade. A presidenta do colectivo, Cruz Dasilva explicou que as persoas, e sobre todo os nenos que padecen este trastorno do comportamento, queren e son capaces de comunicarse cos demais. O único obstáculo é o descoñecemento que a sociedade ten sobre esta enfermidade e a errónea idea de que non é posible a interrelación. Con esta festa preténdese amosar que isto non é así e que o contacto resulta positivo para uns e para outros.
A través de xogos, obradoiros e diferentes actividades nenos con e sen autismo poderán pasar xuntos unha agradable tarde de festa. Ademais, os pais dos nenos con autismo explicarán aos asistentes os sistemas de comunicación que utilizan os autistas, a través de pictogramas que en ocasións se combinan con linguaxe de signos. A través de xogos os asistentes poderán coñecer estes sistemas para entaboar conversas cos nenos autistas.
Dende as 16:30 e ata as 20:30 horas na explanada do Auditorio desenvolveranse obradoiros e xogos, haberá inchables, colchóns, un touro mecánico e pallasos animando a festa na que se repartirán camisetas e algún que outro agasallo máis. Ademais haberá unha actuación musical a cargo dun grupo de alumnos de percusión da Escola de Música.
A festa organizada pola Concellería de Educación e a asociación por dereito conta coa colaboración da Asociación BATA. A entidade laCaixa patrocina o evento e Mc DonaldŽs aporta bebidas para os cativos.

Enlace á Noticia no Xornal de Galicia.com
You can leave a response, or trackback from your own site.
Al menos publican lo que van a hacer!!! Aquì, en Elche no me hicieron caso.
Cariños
Cuánto lo siento Laura... Pero no desistas, el próximo año otra vez y con más insistencia aún-
Un abrazo