Campaña globos azuis de Por Dereito


Un ano mais queremos convidarvos a por globos azuis o 2 de abril nas fachadas dos vosos fogares,lugares de traballo, edificios públicos, escaparates...
Pouco custa económicamente falando, pero supón un paso importante para nós para dar visibilidade a este gran descoñecido, o autismo.
É increible como ano tras ano este sinxelo xesto vai contaxiándose por toda a nosa xeografía, como aparecen globos azuis nos rincóns menos esperados, como maiores e pequechos colaboran neste evento. Fai catro anos había que explicarlle a todo o mundo por que e para que poñiamos globos azuis, pero notamos como pouco a pouco esto está cambiando.
Son moitas as cousas que deben cambiar e esperamos e loitamos día a día para que suceda algo similar ao que está pasando coa campaña dos globos, esperamos e desexamos que algún día non teñamos que explicar que é iso do ·"autismo", que cada persoa con autismo é único e diferente, que as características das persoas con autismo debemos telas en conta en tódolos aspectos da nosa sociedade: nas escolas, na vida en comunidade, no mundo laboral...que son persoas coma nós coas súas fortalezas e as súas debilidades, e que estas debilidades decrecen se damos os apoios necesarios,se empregamos cando o precisan sistemas alternativos de comunicación, se traballamos con eles e cos seus compañeiros habilidades sociais, se temos en conta a súa forma de percibir o mundo e facemos adpatacións onde son prescisas.
Os globos azuis son un pequeno paso, pero se non damos os pequenos pasos iniciais nunca chegaremos ao fin do camiño, e sin a axuda de todos vós eses pasos nunca se darán.
Grazas por apoiarnos, grazas por colaborar!!
 Este é o noso cartel deste ano, imprimídeo, colgalo onde poidades, enviarllo a que queirades.
Graciñas Yésika Aguín pola túa colaboración facendo este bonito deseño!!

You can leave a response, or trackback from your own site.

0 Response to "Campaña globos azuis de Por Dereito"

Publicar un comentario

powered by Blogger | WordPress by Newwpthemes