Gran Reto Running Por Dereito 2013 na Illa de Arousa

Os días 6 e 7 de xullo celebramos o noso novo reto running Por Dereito, Este ano será na Illa de Arousa . Contaremos novamente coa colaboración do ultrafondista asturiano Demetrio Álvarez, que por terceiro ano consecutivo quere estar durante 24 horas correndo polos nosos fillos.

O percorrido tamén se pode facer en bicicleta, en dorna, en piragua, acompañado da túa mascota...
A finalidade principal deste evento è recaudar fondos para Por Dereito, grazas aos que voltaremos a por en marcha un novo plan de formación para as familias e valoraremos o volver a convocar becas para que as familias con menos recursos poidan seguir facendo frente a un mínimo de sesións de terapia. Con este tipo de eventos tambén damos cada vez maior visibilidade ao autismo e ao traballo de Por Dereito.
Para amenizar o evento contaremos con varias actividades paralelas, en breve mostraremos o programa, pero si que vos podemos adiantar algunhas delas:
- Exhibición e exposición de cerca de 15 aves de cetrería de " As aves rapaces do Salnés"
- Demostración de habilidades caninas a cargo do "Refugio de Animales de Cambados".
-Globoflexia
-Música actual a cargo de Conexiondance
-Sorteo de varios productos para deportistas de varias marcas de gran prestixio,un bono para o club termal do Hesperia La Toja...
- Regalos para os participantes mais xóvenes: medallas, varios artígos publicitarios
- Camisetas e avituallamento para todos os participantes hasta agotar existencias.

Todo polo módico precio de 5 euros.

Pensamos que tamén é unha boa ocasión para que o Banco de Alimentos Rías Baixas esté presente e poder axudalos a recoller alimentos para as familias que mais o necesitan, por desgracia cada vez teñen mais demanda e o movemento no seu almacén é constante. Dinnos que sobre todo aportemos: leite, alimentos infantiles e fabas, pero será benvenido todo tipo de alimentos non perecedeiros.

O mapa do percorrido:


Hai moitos a quen agradecerlle que este Reto sexa posible, pero debemos especialmente darlle as grazas ao Concello de A Illa, sempre dispostos a botar unha man no que lle pedimos!!

You can leave a response, or trackback from your own site.

0 Response to "Gran Reto Running Por Dereito 2013 na Illa de Arousa"

Publicar un comentario

powered by Blogger | WordPress by Newwpthemes