Ponencias de Lupe Montero e de ACCEGAL

Dúas ponencias de sacar o sombreiro!! Dúas mestras de centros de educación especial e no caso de ACCEGAl engádese o bo facer da Universidade de Vigo. Foi mágoa que tiveramos uns problemiñas técnicos que nos deixaron sen as gravacións dos vídeos...cousas das tecnoloxías que tamén faian.
A lo menos tedes aquí as presentacións e algunhas fotos!!
Guadalupe falounos de como as novas tecnoloxías poden ser aproveitadas para o traballo coa diversidade e sobre todo dun dos seus marabillosos proxectos, "Leo con Lula".

Fátima García e Enrique Costa de Accegal faláronos desa simbiose que conseguiron entre a Universidade de Vigo, mais concretamente entre a Facultade de Telecomunicacións e o CEE Manuel López Navalón de Santiago de Compostela. Fixeron tamén un repaso de todas as aplicacións que crearon e como as testaron con casos reais de nenos e mozos con diversidade.

You can leave a response, or trackback from your own site.

0 Response to "Ponencias de Lupe Montero e de ACCEGAL"

Publicar un comentario

powered by Blogger | WordPress by Newwpthemes