Obradoiro de cociña con Antonio Bono en Cambados

O pasado sábado 10 nenos e nenas de Por Dereito puideron disfrutar dun obradoiro moi especial na Sala Polivalente do Salón de Exposicións Peña de Cambados, da man de Antonio Bono, metre de Cambados que leva moitos anos impartindo este tipo de obradoiros en toda a Comarca Arousana. Antonio é tamén o creador da Asociación "Niños Sanos" presente na web:
 http://www.antoniobono.com/
Ademais contamos coa colabroación de dúas mozas moi especiais:
- Mar García: filla e axudante de primeira categoría de Antonio
- Iria San Juan: colaboradora de Por Deretio e creadora de Deliriando en la cocina
Queremos contarvos esta experiencia con moito detalle xa que é moi novedosa e estamos encantados do resultado.
 O espacio para facer o obradoiro foi nesta magnífica sala polivalente, está moi ben equipada, so precisa ter uns electrodomésticos propios para estar perfecta.
Os protagonistas deste obradoiro foron 10 nenos e nenas con e sen diversidade da Asociación Por Dereito, con idades comprendidas entre os 4 e os 11 anos. Os seus pais/nais botáronlle unha man cando foi necesario.





 POÑENDO A MESA
Comezamos por aprender a por a mesa empregando este simple apoio visual e un powerpoint que nos indicara paso a paso o que tiñamos que colocar.




 


Poner la mesa from cucacambados

CATA DE AROMAS
Antes de comezar coas receitas Antonio fixo que os nenos fixeran unha cata de distintos aromas.



 
GALLETAS DE MASA HOLANDESA

Comenzamos coa primeira receita: Elaboración dunha galletas feitas con masa holandesa. Os nenos so debían darlle forma a boliñas de esta masa que ten a particularidade de ser como plastilina, para que quedaran mais apetitosas puxéronlle unhas boliñas de chocolate.


Mirade que ben o pasaron dándolle forma ás galletas e decorándoas:



TORTITAS AMERICANAS 
 
Logo fixemos "tortitas" ao mais puro estilo americano

 
Menudo estilo que tiñan dándolle a volta a estas ricas tortas:



 BATIDO DE FROITAS
E por último Antonio fixo un rico batido de froitas que os grandes e pequenos beberon con moita gana.




Canto disfrutamos todos con esta magnífica actividade!:

Gracias Antonio Bono por esta magnífica tarde e gracias ao Concello de Cambados por deixarnos usar este estupendo espacio para facer o noso obradoiro!!! De certo que non será o último

You can leave a response, or trackback from your own site.

0 Response to "Obradoiro de cociña con Antonio Bono en Cambados"

Publicar un comentario

powered by Blogger | WordPress by Newwpthemes