"O Proxecto de Lecer para todos no noso Concello" en Valga

Recentemente estivemos presentando no Auditorio Municipal de Valga o "Proxecto lecer para todos no noso Concello", ao que asistiron varias persoas da Corporación Municipal, veciños do pobo, mestres, coidadores, familias con diversidade...




Hoxe foi a presentación en rolda de prensa do comezo da andadura deste proxecto. Falaron do proxecto ante a prensa e numeroso público: o Alcalde de Valga, a Presidenta de por Dereito e unha socia veciña deste concello. A nosa chegada puidemos ver in situ a señaléctica xa colocada por todas as dependencias da Casa Consistorial.
Neste momento están xa adaptados á señaléctica do Arasaac en Valga:
O Colexio Xesús Ferro Couselo
As escolas do CRA de Valga
O Auditorio Municipal
A Casa do Concello de Valga
O Centro Residencial de maiores. Centro de día
Pronto continuaremos adaptando novos espazos e avanzando co Proxecto de Lecer.
Todo isto non sería posible sen a implicación deste concello e sen a inestimable colaboración do ARASAAC, polo que aproveitamos para darlle as grazas de todo corazón a ambos.
Apostemos todos xuntos pola accesibilidade, pola inclusión e pola formación, os tres pilares deste magnífico proxecto que cada vez se extende mais pola nosa xeografía e que non sería posible sen todos os axentes implicados nel.

Aquí tedes algúns exemplos dos pictogramas que agora luce a Casa Consistorial de Valga.









You can leave a response, or trackback from your own site.

0 Response to ""O Proxecto de Lecer para todos no noso Concello" en Valga"

Publicar un comentario

powered by Blogger | WordPress by Newwpthemes