Frederic e Dona Lola. Tarde en Comunidade na Illa de Arousa

O pasado martes algúns nenos e nenas que reciben apoio por parte de Unidad Ambulatoria de BATA disfrutaron na Illa dunha tarde divertida e inclusiva.
No Salón de Plenos do Concello escoitaron preciosos contos da boca de Dona Lola ao tempo que visualizaban a adaptación dos mesmos a pictogramas. Tiveron tempo tamén de escoitar  e bailar ao ritmo de cancións adaptadas tamén a pictos e de xogar a xogos tradicionais cos nenos e nenas da Illa. Isto último no xardín do Bar Museo, en frente ao Concello, un lugar moi tranquilo e fora dos perigos da rúa.

Pero a actuación mais esperada e mais aplaudida por todos foi a de Frederic, un mimo moi agarimoso e simpático que se estrenou neste mundo da mímica connosco. O mimo é Xavier García, un xoven profesor desta terra que quixo vir de voluntario a botar unha man. Os ratiños, Xavi e Lola prepararon un contiño de Kalandraka, "El ratón Frederic", con moito cariño e esforzo para representalo ante os nosos nenos e nenas e os peques da Illa.



Tanto traballo tivo a súa recompensa xa que todos disfrutaron moitísimo da actividade. E por iso agradecémoslles moito o que fixeron o pasado martes durante toda a tarde.
Esta actividade encadrouse dentro das "Tardes en Comunidade". Os nenos e nenas que reciben apoio por parte da Unidade de apoio Ambulatorio de Bata teñen a opción de asistir o último martes de cada mes a estas actividades. Dende o curso pasado a Asociación Por Dereito busca a posibilidade de implicar aos concellos da zona e a voluntarios nesta actividade.
De momento o Concello de A Illa xa fixo varias Tardes en Comunidade: Con Pepe carreiro, O pictokaraoke... e hoxe tocoulle estrearse a Frederic. Nestas tardes sempre temos unha contacontos de luxo, Dona Lola, unha concelleira de A Illa, que non pode esquecer o que ela foi e é, unha profesora de Lingua.
Grazas a todos os que facedes posible esta maxia: nenos e nenas disfrutando xuntos de diversas actividades nun mundo diverso e enriquecedor.
Deixámosvos aquí un par de vídeos nos que podedes ver un pouquiño do que alí pasou...





You can leave a response, or trackback from your own site.

0 Response to "Frederic e Dona Lola. Tarde en Comunidade na Illa de Arousa"

Publicar un comentario

powered by Blogger | WordPress by Newwpthemes